17/03/2020

XORNADA II: #QUEDANACASA


PRIMEIRA HORA:

Algo anda a pasar nas casas da xente estes días...
- observa e comenta cantas cousas atopas do revés !



CALENDARIO:


Bo día familias.

Comezamos o día facendo as rutinas coma tódolos días. Seguimos co calendario de marzo, homenaxeado: JORGE PETEIRO (pintor).



Hoxe é 17 de marzo de 2020, e seguimos na estación do... INVERNO.
Escribimos a data curta (17-3-20), o noso nome... e miramos o tempo en meteogalicia ou mirando a través das fiestras.



POESÍA EXPRESS: "paxariña de papel"



Paxariña from biblio BN on Vimeo.


MÚSICA:


A poesía "paxariña de papel" ten tamén a versión musical da banda dos cueiros que podedes escoitar no seguinte link, aproveitade para bailar un pouquiño e menear o corpo:

https://www.youtube.com/watch?v=5oR5YtJ3ZjI

Actividades propostas:

1. Ver a poesía Paxariña de papel e comentala.
2. Escoitar a canción.
3. Escribir o título da poesía "Paxariña de papel".
4. Facer un debuxo do que máis lles gustara.
5. Poñer por detrás do folio o nome e a data. 
6. Podedes facer unha paxariña con papel e xogar con ela. 




HORA DO EXPERIMENTO:


El arcoíris líquido: 

- podedes probar a facelo na vosa casa e despois escribir nun folio os materiais que necesitastedes ou facer un debuxo. 

Resultado de imagen de experimentos infantiles arcoiris liquido




O NOSO ENTORNO:

Rematamos a proposta de hoxe cunha visita guiada virtual pola Torre de Hércules, as 12.00h da mañá no enlace de Facebook que aparece na imaxe:




CONVÍDOVOS A QUE PARTICIPEDES DEIXANDO MENSAXES NOS COMENTARIOS PARA CONTINUAR A NOSA COMUNICACIÓN FAMILIA-ESCOLA. 




No hay comentarios:

Publicar un comentario

XOGOS CON AUGA

 HOXE TIVEMOS O PATIO PARA NÓS SOLIÑOS! ASÍ QUE APROVEITÁMOLO AO MÁXIMO: -Lavamos e tendimos roupa, -Duchamos aos bebés. -Cociñamos con &quo...