30/11/2017

SAÍDA AO MUSEO DE BELAS ARTES

Onte visitamos o Museo de Belas Artes de A Coruña e alí puidemos seguir aprendendo cousas novas relacionadas co noso proxecto de Galicia. No seguinte vídeo poderedes ver o ben que o pasamos adiviñando a relación que tiñan as obras de arte que nos amosaban coas palabras clave do noso proxecto: país, literatura, mitoloxía, gastronomía, arte, folclore, historia, patrimonio, natureza e lingua. E, despois, ao colocar o iPad enriba do código QR correspondente sonaba unha peza musical en galego. Fixémolo xenial!

26/11/2017

UNHA SEMANA CON MOITAS CONMEMORACIÓNS

O mércores celebramos Santa Icía (Día da Música) cun divertido xogo creado polos nosos compañeiros/as da aula laranxa co cal identificamos algúns instrumentos galegos. Aquí o tedes por se queredes seguir practicando na casa.

Ademais, tamén recibimos a visita da nai de Artai que nos trouxo un montón de instrumentos tradicionais de Galicia e tivemos a sorte de poder probalos e escoitalos. Encantounos!

 

O venres estivemos dándolle unha "volta á igualdade" xa que o 25 de novembro conmemórase o Día contra a violencia de xénero e para iso creamos un time lapse no que enchemos o mapa de Domingo Fontán de lazos de cor morada e recibimos a visita de Ana Hermida que nos veu falar de mulleres que fixeron historia.

 

Para saber máis sobre a visita de Ana Hermida, premede na imaxe.

24/11/2017

ANIVERSARIO DE CHLÖE

Xa só nos faltaba Chlöe por entrar no clube dos 3 anos e hoxe tivemos a súa celebración. Sopramos a vela co número 3, cantamos e degustamos un biscoito delicioso con forma de donuts que fixo na casa coa súa familia.
Parabéns Chlöe!


22/11/2017

SAÍMOS NO XORNAL

Hoxe Truco deixounos unha sorpresa moi importante, o xornal "El ideal gallego" cunha páxina na que a noticia somos nós, os nenos e nenas da escola de Barrionovo e a nosa saída de onte á praia de Sabón.
                                                                 
                                                                                                  

19/11/2017

A NOSA SEMANA

Aí van algunhas das actividades que realizamos ao longo desta semana.
-A MALETA:
Compartimos cos nosos compañeiros/as un obxecto significativo que trouxemos da casa e explicamos o porque desta elección. Tivemos bolsos, coches, animais... pero, sobre todo, bonecos que están con nós desde que somos bebés.
Esta actividade serviunos para sentirnos protagonistas e coñecernos todos un pouquiño mellor.


-APRENDEMOS XOGANDO:
A nosa mascota Truco deixounos unha sorpresa esta semana, un xogo novo co que poder divertirnos ao mesmo tempo que aprendemos cousiñas. Consiste en observar o patrón de cores que temos na plantilla e reproducilo na parte de abaixo coas boliñas de cores, traballando así a atención, a orientación espacial, as cores...
Encantounos!
-PLANTAMOS:
Co profe Pablo plantamos narcisos, iris e tulipáns no noso horto.



17/11/2017

OKUPACIÓN ESCORNABÓTICA: MATEO

A semana pasada comezamos coa actividade da Okupación Escornabótica. A mochila vermella que contén o escornabot saiu do cole para "okupar" as casas dos nenos e nenas da aula azul.
O primeiro afortunado en levala foi Mateo.

Aquí podedes ver todo o que contén a mochila: escornabot, plantillas e dado para xogar, cámara de fotos e libreta para anotar a vosa experiencia, conto, CD con vídeos, folla de instruccións e unha plantilla en branco para que inventedes un xogo novo relacionado co proxecto deste curso "A volta a Galicia en 284 días".
Esta semana tócalle a Rai. Marchou contentísimo para casa coa súa mochila escornabótica!



16/11/2017

DÍA MUNDIAL DA FILOSOFÍA

Hoxe, na BiblioBN, conmemoramos esta data que nos fixo reflexionar e saber que canto máis pensemos e nos deixemos asombrar polo que nos rodea, máis cousas imos aprender.


Se queredes ver as actividades levadas a cabo, clicade na seguinte imaxe. 

12/11/2017

AXUDANTES NA BIBLIOBN

Esta semana tivemos un encargo moi importante como usuarios da BiblioBN: axudar a rotular as estanterías coas letras do abecedario.
Os maiores de 4 e 5 anos fixeron o deseño das letras na impresora 3D e, despois, nós axudamos a colocar estas letras na estantería correspondente. Tiñamos que estar moi atentos para identificar a letra que estabamos a buscar nunha caixiña e despois pegala no lugar axeitado.




11/11/2017

CELEBRAMOS O MAGOSTO

Onte en Barrionovo pasámolo xenial celebrando a festa do magosto.
Moitas grazas a familia de Daniela e Valeria Pascual pola aportación das castañas e ao resto de familias por eses cestiños tan orixinais que fixestes.

06/11/2017

O ESCORNABOT: PARTE II

Despois de moito traballo por parte de mestras e alumnos/as, por fin o noso escornabot está listo para "okupar" as casas dos nenos e nenas de 3 anos.
Neste vídeo podedes ver, de xeito resumido, cales foron os pasos levados a cabo para montar este robot.


TALLER ESCORNABÓTICO 3 AÑOS 17/18 from biblio BN on Vimeo.

05/11/2017

MANUALIDADES DE SAMAÍN

Estes días estivemos moi atarefados preparando dúas manualidades terroríficas: unhas pantasmas con papel de xornal e unhas teas de araña.
Para facer as pantasmas no xornal, practicamos antes facendo os debuxos no encerado dixital. Saíronnos pantasmas de todas as formas e tamaños.
 E para as arañas, pintamos de laranxa un prato de cartón, despois estampamos as nosas mans coa cor negra e xa só nos quedaba pintarlles dous ollos e pasar o cordel polos buratiños.


02/11/2017

PARABÉNS CLAUDIA

Hoxe no barrio azul tivemos un novo aniversario, esta vez tocoulle a Claudia celebrar que xa ten 3 aniños.
Moitas felicidades!


01/11/2017

CELEBRANDO O SAMAÍN

Para celebrar o Samaín, onte fomos de visita ao Ceip Galán onde puidemos contemplar a súa enorme exposición de cabazas, visionamos unhas curtas e cancións de medo e agasalláronnos cun pin de cabaza que nos encantou.
Pasámolo xenial!
Moitas grazas!

VISITA AO SAMAÍN DO CEIP GALÁN from EEI Barrionovo on Vimeo.

Ademais, antes de marchar para casa entregamos a nosa cartilla de lecturas de Samaín completa e recibimos un marcapáxinas como premio.
Estes son os contos que lemos durante estes cinco días.


CONCERTO AS ESTACIÓNS

  As estacións from biblio BN on Vimeo .