30/09/2019

ACTIVIDADES DA SEMANA

O pasado xoves, no espazo fedelleiro, celebramos a chegada do outono cun encontXo plurilingüe.


E o venres, na biblioBN, sumámonos ao movemento global pola emerxencia climática.

Clicando nas imaxes poderedes ampliar a información.

26/09/2019

EXPERTOS EN ROBÓTICA

Esta semana, na sesión adicada ás TIC, realizamos unha clase conxunta cos nenos e nenas da aula rosa para explicarlles o funcionamento de dous robots dos que temos na escola: o escornabot e o botley.
Como xa somos os maiores do cole e estamos feitos uns expertos e expertas nisto da robótica fixemos unha magnífica exposición das características máis importantes destes dous robots que tanto nos gustan.
Moitísimas grazas aos pequenos/as pola súa atención. Foi un placer!


25/09/2019

MOUSE COUNT

Para saber todo o que sucede estes días nas clases de English con Katrina, só tedes que clicar na seguinte imaxe.


23/09/2019

CALENDARIO SETEMBRO

Clicando na imaxe poderedes ampliar a información sobre a temática do calendario deste curso e atoparedes a canción dos meses do ano que seguro que lles estades escoitando estes días aos vosos/as peques na casa.

https://barrionovofalagalego.blogspot.com/2019/09/calendario-setembro.html

Hoxe estivemos traballando na aula a María Casares, a artista galega que aparece neste mes.


NOMES EN MINÚSCULA

Neste curso, como xa estamos en 5 anos, imos comezar introducindo a minúscula e que mellor que facelo empregando os nosos nomes.
Primeiro, na pizarra dixital, apareceron os nomes escritos en letra ligada e cada un tivo que identificar o seu e repasalo.


E, a continuación, pasamos a facelo no papel. Nunha cartulina tamaño A3, empregando os rotus plateados e dourados, repasamos varias veces o noso nome e, despois, decoramos o resto da cartulina cos pegamentos de purpurina.

SEGUNDA SESIÓN SEMANAL DE HORTOBN

Se queredes saber todo o que estivemos aprendendo coa profe Lucía na nosa sesión semanal de horto, só tedes que clicar na seguinte imaxe.

http://blogs.voznatura.es/eeibarrionovo/2019/09/23/o-horto-vai-ao-barrio-azul/


DECORAMOS A AULA

Nestes primeiros días de cole estivemos moi atarefados colocando as novas rutinas.
Comezamos averiguando os nosos novos números de lista e para iso tivemos que seguir varios pasos: primeiro, escribimos o noso nome e o primeiro apelido; a continuación, rodeamos as iniciais de cada apelido e, por último, ordenamos os apelidos de maneira alfabética.


E así quedou a nova lista!
 


Ademais, como podedes ver na imaxe anterior, os novos carteis dos días da semana e das estacións do ano están escritos en Galego e en English. Seguro que Katrina fixo algunha das súas con magic wand.
Outra das tarefas foi decorar a aula coa temática do novo proxecto #mesturArte. Para darlle un pouquiño de cor os nosos percheiros empregamos unhas maletas nas que escribimos o noso nome e o noso número de lista e que despois decoramos con pegatinas.



 

17/09/2019

PRIMEIRAS CLASES CON KATRINA

Clicando na seguinte imaxe deixámosvos o enlace ao blogue da profe Katrina para que poidades estar informados de todo o que os nenos e nenas da aula azul van estar traballando durante o curso.


O primeiro conto deste curso é "Mouse Count".

TRABALLANDO NO HORTOBN

O luns comezamos as primeiras tarefas no noso hortoBN. Despois de todo o verán, estaba feito un desastre e tivemos que traballar arreo para quitar as malas herbas.
Grazas as nosas labores de limpeza atopamos un montón de sorpresas agochadas: pementos, amorodos, amoras...



11/09/2019

DESPEGAMOS!

Hoxe comezamos o curso con moitísimas ganas e cun montón de sorpresas que nos estaban agardando no cole.
Clicando na seguinte imaxe poderedes acceder a toda a información sobre o encontXo de hoxe, co cal iniciamos o proxecto anual #mesturArte.

http://bibliobn.blogspot.com/2019/09/encontxo-despegamos.html

Estade moi atent@s ao blogue para saber máis acerca do que imos investigar ao longo deste curso.
Boa viaxe!!!