23/09/2019

DECORAMOS A AULA

Nestes primeiros días de cole estivemos moi atarefados colocando as novas rutinas.
Comezamos averiguando os nosos novos números de lista e para iso tivemos que seguir varios pasos: primeiro, escribimos o noso nome e o primeiro apelido; a continuación, rodeamos as iniciais de cada apelido e, por último, ordenamos os apelidos de maneira alfabética.


E así quedou a nova lista!
 


Ademais, como podedes ver na imaxe anterior, os novos carteis dos días da semana e das estacións do ano están escritos en Galego e en English. Seguro que Katrina fixo algunha das súas con magic wand.
Outra das tarefas foi decorar a aula coa temática do novo proxecto #mesturArte. Para darlle un pouquiño de cor os nosos percheiros empregamos unhas maletas nas que escribimos o noso nome e o noso número de lista e que despois decoramos con pegatinas.



 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Volcán o cabalo da Illa de Sálvora

 A Nai de Idris, visitou a BiblioBN para contar un conto neste mes das letras galegas. O protagonista do conto era un cabalo, e ela é expert...