28/11/2019

MAGOSTO

Como sabedes, onte foi a celebración do MAGOSTO na EEI de Barrionovo, onde viñechedes a pasar un ratiño cos vosos nenos e nenas, desfrutando dos talleres, cancións, bailes e a merenda de castañas asadas.
Premendo na seguinte imaxe podedes acceder ó vídeo que fixemos con todas as fotos das aulas. 
Grazas por vir ! 

26/11/2019

NON É NON

Onte, 25 de novembro, foi o día contra a violencia de xénero, un día moi importante pra traballar cos nenos e nenas a importancia do RESPETO e da IGUALDADE entre homes e mulleres, da tolerancia e a cooperación. 
Viñeronnos visitar Silvia Penide e Nati Navaza, podedes ver todo o que fixemos, premendo na seguinte imaxe.






Ademáis na aula estivemos traballando o conto "pequeña & grande " de Simone de Beauvoir, relacionado ca violencia de xénero, e a importancia da igualdade entre homes e mulleres


21/11/2019

Proxecto exipto

Bo día !

Hoxe comezamos a construir o noso rincón do proxecto #MesturArte sobre Exipto. Ademáis, estamos a decorar a nosa porta de aula para adentrarnos por completo no mundo exipcio. Nas imaxes podedes ver ó Deus Ra (deus do ceo e o sol), e as creacións dos nenos e nenas cos seus nomes en xeroglíficos xunto cunha pirámide, cos cales imos decorar o marco da porta. Pronto veredes o resultado!

Invítovos a que investiguedes cos nenos e nenas nas vosas casas, e traiades información a aula, en calquer formato (imaxes, contos, música nun Pendrive, alimentos típicos, vestimenta, grabacións dos nenos explicando...), xa que é moi motivador para eles contarlle o resto dos nenos e nenas o que aprenderon nas casas, construíndo así o proxecto entre todos.


Atelier da ciencia

Onte, os nenos e nenas da aula azul, fumos o FEDELLEIRO a celebrar o mes da ciencia cun atelier de experimentos científicos. Alí atoparon cinco experimentos:



1. Canto vive o plástico? A idea é que os nenos e nenas tomen conciencia da importancia de reducir a utilización do plástico, e de reciclalo e reutilizalo.

2. Vexo, vexo, qué cor ves? neste experimento os nenos e nenas tiñan que comprobar se as hipóteses de mezcla de cores cumplíanse ou non.

3. Flota ou non flota? os nenos e nenas realizaban as súas hipóteses sobre se determinados materiais e obxetos flotaban ou non na auga, para logo comprobalo.

4. Magnetismo: os nenos e nenas puideron comprobar que algúns obxetos da nosa vida cotidiá son magnéticos (clips), e outros non (pedras).

5. Pelota bailarina: seguindo uns pasos os nenos e nenas crearon un experimento no cal puideron observar a maxia das densidades do aire.

19/11/2019

Clave de Sol e clave de Fa visitan Galicia

As nosas amigas viaxeiras remataron a súa primeira parada en Galicia, onde descubrimos o noso folclore e algúns dos nosos instrumentos tradicionais.Para rematar a viaxe, fixemos un obradoiro de instrumentos con material de refugallo.Mentres un grupo exploraba as posibilidades sonoras do "lixo", tras visualizar a curtametraxe "Basuria"; outros puxeronse mans á obra coas catañolas!







13/11/2019

TODAY IS MONDAY

Ms. Katrina voltou e trouxo con ela un novo conto. Estamos convencidas de que, a partir del, os nenos e nenas farán cantidade de actividades divertidas.

Para saber máis, clica na imaxe.