31/03/2019

ESPECIES AUTÓCTONAS VS ESPECIES INVASORAS

Van  chegando algúns dos traballos de investigación acerca das especies autóctonas e invasoras que enviamos para casa.
Aquí tedes os vídeos de Sofía, Janat, Daniela e Valeria Pascual que nos explican estupendamente as características dalgunhas destas especies.

Sofía (Alianto e Piñeiro)



Janat (Figueira)


Daniela (Té de horta)


Valeria Pascual (Uña de gato)


29/03/2019

GO AWAY BIG GREEN MONSTER

CÓNTANOS KATRINA QUE NAS ÚLTIMAS SEMANAS, AS SESIÓNS DE INGLÉS ESTIVERON ENMARCADAS POLO CONTO "GO AWAY BIG GREEN MONSTER" GRAZAS AO CAL PUIDERON TRABALLAR AS PARTES DA CARA E A CABEZA, ADEMAIS DE REPASAR AS CORES.

 Resultado de imaxes para GO AWAY BIG GREEN MONSTER

ALGUNHAS DAS ACTIVIDADES QUE FIXERON FORON: DAR E SEGUIR DIRECTRICES PARA CREAR UN MONSTRO A PARTIR DE PARTES DA CARA DE DIFERENTES CORES, XOGOS CO ESCORNABOT, XOGOS DE MÍMICA, O XOGO DO VEXO VEXO EN INGLÉS (I SPY), ESCOITA DE CANCIÓNS E DITADO DE CORES.




DURANTE AS VINDEIRAS SEMANAS, COINCIDINDO COA CHEGADA DA PRIMAVERA E A PROXIMIDADE DA CELEBRACIÓN "EASTER", ESTAREMOS INMERS@S NO PROXECTO E-TWINNING "SPRING INTO SPRING".



NESTE, KATRINA E @S NEN@S, TRABALLARÁN MAN A MAN A TRAVÉS DA PLATAFORMA E-TWINNING CON ALUMNADO DOUTROS PAÍSES EUROPEOS COMO ITALIA, ROMANÍA E POLONIA, CO OBXECTIVO DE APRENDEREN XUNTOS VOCABULARIO E ASPECTOS CULTURAIS RELACIONADOS COA PRIMAVERA E CON ESTA CELEBRACIÓN.

A PASADA SEMANA LEVOUSE A CABO UNHA ACTIVIDADE ENMARCADA NESTE PROGRAMA NA QUE @S NEN@S CREARON COMEDEIROS PARA PAXAROS EMPREGANDO MATERIAIS DE REFUGALLO.


Making bird feeders from biblio BN on Vimeo.

ESTA SEMANA, KATRINA E @S NENOS E NENAS CREARON UN VÍDEO NO QUE SE PRESENTABAN E PRESENTABAN A ESCOLA AOS COMPAÑEIROS/AS DOS OUTROS PAÍSES.



Getting to know Barrionovo from biblio BN on Vimeo.


NON PERDADES DETALLE QUE AXIÑA VOS CONTAREMOS MÁIS.

ABRACADABRAABRACADI,

MAGIC FOR YOUMAGIC FOR ME!!

26/03/2019

POESÍA EXPRESS: "PAISAJES PARA QUE LOS PINTES"

As encargadas/os de elaborar a Poesía Express desta semana fomos as nenas e nenos de 4 anos.
Para iso, empregamos o libro "Los mejores versos de Gloria Fuertes" e mediante a técnica do stopmotion creamos algunhas das rimas incluidas nos versos desta autora tan coñecida.


Na pizarra-porta do espazo fedelleiro fixemos os debuxos, mentres un compañeiro/a nos sacaba as fotos e despois gravamos os audios de cada verso co Ipad.


Para rematar esta actividade, levamos todo o aprendido ao papel onde completamos coas palabras que faltaban e fixemos os debuxos correspondentes.




24/03/2019

OKUPACIÓN ESCORNABÓTICA: JANAT

O escornabot continúa o seu percorrido polas casas dos nenos e nenas da aula azul e, nesta ocasión, tocoulle a Janat ser a afortunada.


Pasou uns días moi divertidos xogando coa súa familia coas plantillas da mochila relacionadas co proxecto #somosdemonte e, ademais, elaborou un xogo novo con pegatinas de animais.
Moitas grazas familia!

22/03/2019

DÍA DOS BOSQUES E DÍA DA POESÍA

Onte tivemos unha mañá moi atarefada.
A primeira hora, esperábanos o autobús para realizar unha visita á fraga de Sisalde. Alí fixemos un roteiro co cal desfrutamos da natureza, aprendemos cousiñas da fauna e da flora e coñecemos o funcionamento dun muíño.


Xa de volta no cole, despois de repoñer forzas coa merenda, no horto agardaba unha sorpresa moi especial: o noso trasno Shelly informábanos da chegada da primavera. Primeiro, a profe Alba recitounos un poema incluído no libro-disco Tic Tac de Pablo Díaz e despois, escoitamos a canción.
Por último, coa axuda de Katrina, elaboramos uns comedeiros para os paxariños da canción.
Aquí tedes o resultado!


16/03/2019

SEMANA DA PRENSA E RECICLAXE

Para conmemorar a semana da prensa realizamos diferentes actividades.
Na biblioBN inauguramos o recuncho da hemeroteca, no que colocaremos os xornais que nos chegan cada día á escola e tamén nos servirá para colocar noticias relevantes.


Nesta ocasión, a noticia destacada estaba relacionada cos novos contenedores de reciclaxe instalados no concello de Arteixo.




Isto foi debido a que o xoves realizamos un obradoiro no centro para o cal contamos coa visita de dous expertos en reciclaxe do concello. Eles explicaronnos a importancia da xestión dos residuos e de que xeito debemos facer a separación dos residuos nos distintos colectores.
Clicando na seguinte imaxe poderedes ampliar a información sobre este encontro.

http://bibliobn.blogspot.com/2019/03/encontros-bn-plan-de-xestion-de-residuos.html

12/03/2019

CUMPLE DE DANIELA E VALERIA

Hoxe, no barrio azul, estivemos de celebración. Valeria e Daniela cumpliron 5 anos e festexámolo degustando un rico biscoito. Parabéns! 


11/03/2019

CONMEMORAMOS O 8M

Previamente á celebración do Día da Muller Traballadora, estivemos reflexionando acerca de todo o que traballan diariamente as mulleres da nosa vida, tanto na casa como fora dela. 
Unha vez rematado o debate, cada neno/a escolleu a súa muller traballadora (nais, avoas, tías...) e realizou o retrato.


Finalmente, gravamos un audio explicando algunhas das razóns polas que debemos estarlles moi agradecidos/as.
Aquí tedes o resultado!

09/03/2019

INFORMACIÓN ANIMAIS DE MONTE

Aquí vos deixamos os vídeos elaborados no primeiro trimestre sobre os animais de monte que traballamos en profundidade. Agardamos que vos gusten. 

RAPOSO




PETO




FURÓN



07/03/2019

ATELIER: CIRCUITEANDO

O novo atelier TIC do espazo fedelleiro serviunos para fabricar unhas máscaras de entroido moi especiais.
Primeiro, decidimos cal era o noso animal preferido.


A continuación, pasamos a picarlle os ollos e decorar con diferentes elementos: algodón, pegatinas, purpurina, plumas...


Máis adiante, empregamos rotuladores, témperas e pintura con purpurina para acabar de decorala.



Por último, pasamos á parte tecnolóxica que consistiu en elaborar un sinxelo circuito para o que precisamos unha luz led, unha pila de botón, cinta adhesiva de cobre (conductora de electricidade) e un clip que fará de interruptor para poder acender a nariciña das nosas máscaras cando queiramos.

04/03/2019

DEAR ZOO

CÓNTANOS KATRINA QUE NAS ÚLTIMAS SEMANAS, DEAR ZOO FOI O CONTO QUE CONTEXTUALIZOU AS SESIÓNS DE INGLÉS.


ALGUNHAS DAS ACTIVIDADES QUE FIXERON FORON: XOGAR A ADIVIÑAR O ANIMAL A TRAVÉS DE MÍMICA, ADIVIÑAR O NOME DO ANIMAL A TRAVÉS DA IMAXE, XOGOS DE CARTAS (ELABORACIÓN DAS MESMAS, ATOPAR A PARELLA, RAPIDEZ), E XOGO CO ESCORNABOT.


ADEMAIS, APRENDERON UN DIVERTIDÍSIMO XOGO DE RODA, I SENT A LETTER TO MY LOVE.

ABRACADABRAABRACADI,
MAGIC FOR YOUMAGIC FOR ME!!!

ENTROIDO 2019

Que guap@s estabamos cos nosos disfraces de monte. Tivemos moita variedade: gardas forestais, animais do monte, seres mitolóxicos, flores, cazadores...
Aquí tedes as fotos.






Para ver o vídeo da celebración coas familias, preme na seguinte imaxe.



CONCERTO AS ESTACIÓNS

  As estacións from biblio BN on Vimeo .