30/05/2018

FESTA VOZ NATURA: "O NOSO EN 3R"

Este sábado agardámosvos no parque de Acea de Ama, na festa de fin de curso que celebra Voz Natura. Nela poderedes gozar de moitas actividades gratuitas: inchables, obradoiros, xogos...
A nosa escola terá un stand no que estarán expostos todos os traballos que realizastes en relación co patrimonio galego dentro do concurso "O noso en 3R".

http://www.voznatura.es/fiesta-38-FESTA

FEIRÓN DA NOSA LINGUA: AMORODO


27/05/2018

GRAFOMOTRICIDADE CREATIVA

Esta semana continuamos co traballo en relación coa grafomotricidade creativa. 
Nesta ocasión, as consignas dadas foron: 
Primeiro, co pincel e a témpera negra realizar liñas que se cruzaran entre si.


A continuación, con témperas de diferentes cores, encher os ocos que quedaban entre as liñas tentando ser moi precisos para non pintar por riba das liñas negras e con coidado de non mesturar as distintas cores.


Estes son algúns dos resultados:


21/05/2018

O NOSO EN 3R

Aquí vos deixamos os vídeos que faltaban do concurso "O noso en 3R".









Moitas grazas a todas as familias pola vosa participación.
Dentro de pouco recibiredes un detalliño moi especial por ter participado.

FEIRÓN DA NOSA LINGUA: FERVENZA

                                                                

19/05/2018

TALLER DE MATES: CONSTRÚE O TEU MONSTRUO

O pasado martes recibimos unha nova visita do noso amigo Truco, nesta ocasión, trouxo un xogo novo que probamos no espazo fedelleiro no noso taller semanal de mates.


Para xogar, distribuímonos en parellas e cada parella tiña que construír o seu propio monstruo. Tirando o dado xigante e contando os puntiños que nos van saíndo para saber cantos ollos, dentes, brazos e pernas lle temos que poñer.
 

 Así quedaron os nosos monstruos.



16/05/2018

CONCURSO: O NOSO EN 3R

Xa empezan a chegar os primeiros traballos para o concurso "O noso en 3R".
Sofía trouxo un precioso cabazo feito con materiais de refugallo.


E Valeria Casanova un dolmen moi orixinal.


Recordade que este venres 18 é o último día para participar. Animádevos os que faltades! 
Os gañadores de cada aula obterán un escornabot como agasallo.

FEIRÓN DA NOSA LINGUA: DEDAS


                                                          

FEIRÓN DA NOSA LINGUA: ARRECENDO


12/05/2018

TALLER DE MATES: ALTURA

No taller de mates continuamos traballando co conto "Crecer".


Despois da investigación dos números dos nosos pés, pasamos a traballar a altura. Para iso, botamos man dunha cinta métrica que pegamos na pizarra porta do espazo fedelleiro.


Por parellas, un colocábase pegadiño á porta mentres o compañeiro/a ía marcando cunha regra e un rotulador na altura correspondente. 


A continuación, comprobamos o número indicado na cinta métrica e escribimos ao lado o noso nome.


Finalmente, cubrimos a táboa de rexistro buscando o noso nome e escribindo ao lado a cifra correspondente a nosa altura.


Esta actividade serviunos para comprobar que non todos medimos o mesmo. Comprobamos quen é o máis alto/a da clase, o máis baixo, os que miden o mesmo...


07/05/2018

FEIRÓN DA NOSA LINGUA: BICO

Hoxe toucounos aos nenos e nenas de 3 anos ser os encargados de elaborar o stopmotion da palabra do día.


Para iso, escribimos a palabra e representámola cun debuxo na pizarra-porta e, a continuación, gravamos o audio coa definición de "bico". Tamén pegamos a palabra ao lado do cadro representativo de "Lingua" que temos nas escaleiras.

http://bibliobn.blogspot.com.es/2018/05/feiron-da-nosa-lingua-bico.html

E, finalmente, elaboramos entre tod@s a ficha do Dicionario das Palabras Galegas.


04/05/2018

HORTOBN: LEITUGA


FEIRÓN DA NOSA LINGUA: GUEDELLAS

Hoxe tocoulle a Erik ir mercar ao noso feirón ubicado no espazo fedelleiro. Nesta ocasión, tiña que mercar "unha palabra peluda como unha cabra" e o tendeiro Iago vendeulle a palabra "guedellas".


Despois, na aula, completamos entre todos/as a ficha correspondente para engadir ao noso dicionario.



03/05/2018

FEIRÓN DA NOSA LINGUA

Durante todo o mes de maio levaremos a cabo esta actividade que hoxe deu comezo e que consiste en mercar unha palabra galega cada día. 
A palabra do día de hoxe foi: "Cataventos" na honra do libro de María Victoria Moreno (escritora homenaxeada nas Letras Galegas 2018).




Para coñecer un pouco mellor o significado desta palabra, saímos ao patio co noso cataventos e un compás tecnolóxico (APP do Ipad). Primeiro, observámolo atentamente e descubrimos que ten 4 letras (N, S, E, O) que nos indican os catro puntos cardinais.


Despois, co compás, comprobamos onde se sitúa o norte e colocamos o cataventos correctamente para poder saber de onde vén o vento.


Máis tarde, na aula, completamos entre todos a folla correspondente á palabra do día de hoxe para engadir no noso Dicionario de palabras galegas.



C(R)OMA GALEG@S III