28/02/2018

ROSALÍAS WARHOLIANAS

Como remate das actividades do mes de Rosalía, aprendemos a editar fotografías fusionando o estilo de Warhol coa caraouta de Rosalía que fixemos coa nosa impresora 3D.
Primeiro, sacamos as fotos co Ipad e despois empregamos o picmonkey, un programa de edición de imaxes, co cal lle aplicamos o filtro "Warhol" seleccionando dúas cores diferentes (as que cada un quixo).

Aquí tedes o resultado.




ANIVERSARIO DE MATEO

Seguimos coas celebracións dos 4 aniños, hoxe foi o turno de Mateo. 
Que cumplas moitos máis!


27/02/2018

NO BICO UN CANTAR

Hoxe, no momento adicado á Poesía Express, lemos o poema titulado "No bico un cantar" que Curros Enríquez lle adicou a Rosalía de Castro e escoitamos a canción co mesmo nome incluída no libro-disco "Rosalía pequeniña".

http://bibliobn.blogspot.com.es/2018/02/martes-poesia-express-rosalia-no-bico.html

Unha vez feito isto, buscamos a Curros Enríquez na ilustración do País das Letras e esta vez foi Rai o que o atopou, así que foi o encargado de pintalo no póster.


26/02/2018

PARABÉNS ERIK!

Hoxe festexamos o aniversario de Erik merendando un biscoito e unhas magdalenas caseiras riquísimas. 
Felicidades por eses 4 aniños, Erik!


C(R)OMA GALEG@S II

Seguimos coa nosa serie de cromas relacionados con persoeiros galegos relevantes. Nesta ocasión, tocoulle o turno á parella formada por Rosalía de Castro e Manuel Murguía.

21/02/2018

ABRÍNDOLLE A FIESTRA A ROSALÍA

Este sábado, 24 de febreiro, celebráse o Día de Rosalía de Castro co lema #AbrideAFiestra. En Barrionovo, quixemos implicar tamén ás familias elaborando esta montaxe mediante a técnica do croma.

20/02/2018

ENCONTRO MUSICAL

Hoxe recibimos a visita dos "Juanpiños" e puidemos disfrutar dun concerto moi especial. Moitas grazas pola vosa actuación. Encantounos!

19/02/2018

TRABALLANDO COS NOMES

Nas actividades diarias seguimos a traballar cos nomes propios dos nenos e nenas da aula. Neste caso, empregamos pegatinas con letras que cada un tivo que colocar correctamente para formar o seu nome.


Unha vez feito isto, pasamos a escribir cada letra co rotulador da cor que indica a pegatina.


Xa avanzamos moitísimo desde o principio de curso ata agora e isto é posible grazas aos xogos que temos na aula: para formar os nomes con letras móbiles, para identificar o nome igual, para colocar cada nome debaixo da súa inicial, para practicar a grafía empregando un xiz, para relacionar o nome coa foto do neno ou nena...
Aquí tedes unha mostra.


18/02/2018

UN XOGO MONSTRUOSO

A semana pasada volvimos a ter noticias de Truco, a nosa mascota, quen nos trouxo un xogo novo para seguir traballando a lóxica matemática na aula. Concretamente, este xogo empregarémolo para aprender a recta numérica e para asociar a grafía de cada número coa cantidade correspondente. 
O primeiro paso consiste en ordenar os monstruos desde o 0 ata o 10 (cada monstruo ten un número que vai en función da cantidade de ollos que ten), unha vez que temos feita a nosa recta numérica monstruosa, pasamos a colocar debaixo tantos paus de cores como indique o número.

ANIVERSARIO DE RAI

O venres merendamos un biscoito moi rico que nos trouxo Rai para festexar que xa ten 4 anos.
Parabéns!!

12/02/2018

FESTA DE ENTROIDO 2018

O venres pasamos unha mañá moi divertida celebrando o noso Entroido Galego. Moitas grazas ás familias pola vosa implicación e colaboración.





                    

Noraboa a tod@s por eses disfraces tan fantásticos!
Clicando na imaxe podedes ampliar a información.
http://bibliobn.blogspot.com.es/2018/02/entroido-2018.html

07/02/2018

ENCONTRO: FELO DE MACEDA

Seguimos celebrando a semana do Entroido, co noso mandadiño do día: "O chourizo non repite se estás ao quite".
E ademais, hoxe recibimos a visita de Jorge, un felo de Maceda, que nos explicou esta tradición. Clicade na imaxe para saber máis.
http://bibliobn.blogspot.com.es/2018/02/encontro-cun-felo-de-maceda.html 
 Tamén nos falou das partes das que se conforma a súa vestimenta. O cal nos serviu para despois, na aula, reflexalo nesta ficha. Moitas grazas Jorge!

06/02/2018

VISITA AO ACUARIO E CACHOLAS DE ENTROIDO

Hoxe, coas nosas cacholas de entroido cumplindo o mandadiño do Meco marchamos de excursión a Casa dos Peixes.

Aquí tedes o vídeo cos mellores momentos da saída.

02/02/2018

MANDADIÑOS ENTROIDO 2018

Os nenos e nenas de Barrionovo xa estamos preparados para comezar a próxima semana a festa do Entroido. 
Hoxe chegounos ao correo da aula un mail cun encargo moi importante: ir á entrada do cole co Ipad para escanear coa App Aurasma un debuxo situado nun mapa de Galicia.




Unha vez escaneado, apareceunos un antiface falador que foi o encargado de darnos o mandadiño para o luns: "Lacón busca grelos, axúdalle a velos".
Aquí tedes o vídeo con todos os mandadiños da semana.
                    

Chuvisca

 SORPRESA NA AULA: UNHA HISTORIA, ESCOITADA A ESCURAS.... Chuvisca from biblio BN on Vimeo . E AO ENCENDER A LUZ... VOLVEU O PETO!