Mostrando entradas con la etiqueta SAÍDAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta SAÍDAS. Mostrar todas las entradas

24/06/2019

EXCURSIÓN MONTE DE SAN PEDRO

Clicando na imaxe podedes acceder a todo o contido relacionado coa saída de fin de curso ao Monte de San Pedro.


Que pasedes un bo verán! Vémonos en setembro! 

04/06/2019

II ENCONTRO DE ROBÓTICA CO PdB

O xoves e venres da semana pasada, recibimos na nosa escola aos nenos e nenas do Ponte dos Brozos no II Encontro de Robótica Arteixá.
Clicando na imaxe podedes acceder a toda a información.

http://bibliobn.blogspot.com/2019/06/ii-xornadas-robotica-arteixan.html

E este luns, fomos nós os que visitamos o seu centro para deixarnos sorprender con diferentes experimentos.
Premede na imaxe para saber máis.


Moitísimas grazas aos nenos e nenas do Ponte dos Brozos e as súas mestras/es. Foi unha experiencia moi enriquecedora!

31/05/2019

SAÍDA Á FUNDACIÓN BARRIÉ: TRAZOS MAESTROS

Este mércores fixemos unha saída super interesante á Fundación Barrié. Clicando na imaxe podedes ampliar a información.

http://bibliobn.blogspot.com/2019/05/visita-fundacion-barrie-trazos-maestros.html


29/04/2019

UNHA SEMANA MOI AXETREADA

A semana pasada retomamos as clases, despois das vacacións de Semana Santa, con moitas forzas.
O martes celebramos o Día do Libro coa presentación da actividade "Familias por un tuber" coas recomendacións de lecturas feitas polas familias.
Comezamos visionando a recomendación feita por Valeria Casanova e o seu pai do conto "Orellas de bolboreta".


O mércores realizamos unha saída á Casa das Ciencias na que vimos a proxección de "Fugaz" no Planetario, experimentamos as distintas actividades das salas e vimos aos pitiños na incubadora.


E o xoves e o venres tivemos diferentes encontros nos que falamos da necesidade do coidado e limpeza dos montes para previr os incendios e da importancia das tarefas de reforestación para recuperar eses terreos.



E que mellor forma de pechar a semana que realizando unha saída a Monticaño para poñer en práctica todo o aprendido.

04/04/2019

MES DO LIBRO

Para comezar o mes de abril, o día 2 (Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil) fixemos unha saída á biblioteca de Pastoriza, Miguel Sande, para asistir a unha divertida actividade de animación á lectura.
Ademais, quixemos facer a nosa propia versión do cartel deste ano que ten como lema "Os libros fannos acougar" e elaboramos un vídeo no noso principal espazo de acougo do cole, o tipi do espazo fedelleiro.
Clicando na imaxe podedes ampliar a información.


22/03/2019

DÍA DOS BOSQUES E DÍA DA POESÍA

Onte tivemos unha mañá moi atarefada.
A primeira hora, esperábanos o autobús para realizar unha visita á fraga de Sisalde. Alí fixemos un roteiro co cal desfrutamos da natureza, aprendemos cousiñas da fauna e da flora e coñecemos o funcionamento dun muíño.


Xa de volta no cole, despois de repoñer forzas coa merenda, no horto agardaba unha sorpresa moi especial: o noso trasno Shelly informábanos da chegada da primavera. Primeiro, a profe Alba recitounos un poema incluído no libro-disco Tic Tac de Pablo Díaz e despois, escoitamos a canción.
Por último, coa axuda de Katrina, elaboramos uns comedeiros para os paxariños da canción.
Aquí tedes o resultado!


12/10/2018

SAÍDA: O BOSQUE DOS VECIÑOS

A primeira excursión deste curso estivo moi relacionada co proxecto #somosdemonte no que estamos inmersos.
Durante esta saída atopámonos cunha mensaxe oculta nunha botella que nos deixou a nosa nova amiga, Shelly, un trasno do bosque, que nos dicía que para atopala tiñamos que seguir o son dos cascabeles.
Se estades moi atent@s aos vídeos que podedes atopar clicando na imaxe, veredes onde se escondía Shelly.

http://aeeidebarrionovo.blogspot.com/2018/10/saida-ao-bosque-dos-vecinos.html

09/06/2018

ENCONTROS CO PDB

Nesta semana realizamos 3 encontros co CEIP Ponte dos Brozos.
O luns fomos de visita e recibíronnos con moito entusiasmo e dedicación. Alí puidemos coñecer un xogo de robots para o Ipad e fabricamos un aerodeslizador con materiais de refugallo.


O martes e o mércores os anfitrións fomos nós. Na nosa escola, explicámoslles as plantillas para o escornabot que realizamos coas familias en relación co proxecto deste curso, o manexo do Bluebot desde o Ipad, as carautas deseñadas por nós e impresas na impresora 3D...

                     

Aprendemos moitas cousas e pasámolo xenial! 
Moitas grazas aos nosos amigos/as do PdB e ás súas mestras.

20/04/2018

AFUNDACIÓN: JORGE CASTILLO. "A VISIÓN DUNHA OBRA"

Por segunda vez neste curso, visitamos Afundación para empaparnos de arte. 
Nesta ocasión, o protagonista da exposición era un artista galego, Jorge Castillo, autor dunhas fermosas obras con moitos segredos ocultos por descubrir.
Encantounos esta visita!

05/04/2018

INICIAMOS AS ACTIVIDADES DO MES DO LIBRO

Xa estamos en Abril e comezamos coas primeiras actividades en relación co "Mes do Libro". 
Hoxe tivemos unha sesión dobre de contacontos.
Por unha parte, recibimos na escola a unha invitada moi especial, María, a nai de Artai, que nos contou a divertida historia de "Eu non fun".
https://bibliobn.blogspot.com.es/2018/04/as-familias-tamen-contan-maria-mama-de.html

E, máis tarde, fomos nós os visitantes na Biblioteca Miguel Sande de Pastoriza. Alí, Marisa Irimia agasallounos con dous relatos que nos encantaron. 

https://bibliobn.blogspot.com.es/2018/04/visita-biblioteca-municipal-miguel-sande.html

Clicando nas imaxes podedes ampliar o contido destas actividades.
Agardamos que as familias que poidades vos animedes a participar na lectura de contos. Faríanos moitísima ilusión!

23/03/2018

CARAPUCHIÑA NO FAIADO

Para conmemorar o Día Mundial do Teatro que se celebra o día 27 deste mes, hoxe fomos ao "Teatro del Andamio" a gozar dunha versión moi divertida do conto "Carapuchiña Vermella", na que o lobo non era tan feroz como o pintan. Pasámolo xenial!

 

Que teñades unhas boas vacacións. Vémonos á volta!

Investigamos as BOLBORETAS

 As nosas eirugas de SEDA e MACAÓN seguen a medrar, pero queremos saber máis sobre as BOLBORETAS!!! Atopamos fondos na BiblioBn e  buscamos ...