29/04/2019

UNHA SEMANA MOI AXETREADA

A semana pasada retomamos as clases, despois das vacacións de Semana Santa, con moitas forzas.
O martes celebramos o Día do Libro coa presentación da actividade "Familias por un tuber" coas recomendacións de lecturas feitas polas familias.
Comezamos visionando a recomendación feita por Valeria Casanova e o seu pai do conto "Orellas de bolboreta".


O mércores realizamos unha saída á Casa das Ciencias na que vimos a proxección de "Fugaz" no Planetario, experimentamos as distintas actividades das salas e vimos aos pitiños na incubadora.


E o xoves e o venres tivemos diferentes encontros nos que falamos da necesidade do coidado e limpeza dos montes para previr os incendios e da importancia das tarefas de reforestación para recuperar eses terreos.



E que mellor forma de pechar a semana que realizando unha saída a Monticaño para poñer en práctica todo o aprendido.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NOVA RUTINA: A LETRA DO DÍA

  XIRA, XIRA SEN PARAR, QUE LETRA VAI TOCAR?? PREPARADOS, LISTOS XA!! ATOPAMOS PALABRAS QUE SOEN COA LETRA. PODEDES XOGAR, NA PESTAÑA "...