31/10/2017

RECEITA TERRORÍFICA

O luns comezamos a semana facendo unha riquísima receita de Samaín.
No espazo fedelleiro dispuxemos de todos os elementos necesarios para a elaboración das "salchichas momia". Primeiro, anotamos os ingredientes na pizarra porta e, despois, puxémonos mans á obra.
Este foi o resultado! Clicade na imaxe para ver todo o proceso.


27/10/2017

OFICIOS ARTESANAIS

Hoxe foi Janat a que nos trouxo información sobre un novo oficio artesanal. Neste caso, a artesana é a súa nai, Rabha, quen emprega a cerámica para facer diferentes figuras.
Como mostra Janat ensinounos unha flor, concretamente unha rosa, feita pola súa nai coa axuda de Janat e do seu irmán Saad.
Moitas grazas familia!

24/10/2017

DÍA DA BIBLIOTECA


Hoxe, en Barrionovo, celebramos o día da Biblioteca con diversas actividades.
Se queredes saber máis, premede na seguinte imaxe.

http://bibliobn.blogspot.com.es/2017/10/dia-das-bibliotecas-2017.html



22/10/2017

UNHA SEMANA MOI MOVIDA

Esta semana deunos tempo a facer un montón de cousas:
-Xogamos co noso Beebot a un xogo moi divertido no que tiñamos que atopar a nosa foto e o noso nome e, a continuación, programar o robot para levalo ata a casilla correspondente.



-Levamos para casa o polbo con cachelos que fixemos en arte con María José.


-Falamos sobre un froito do outono moi típico en Galicia, como son as castañas, grazas a aportación que nos fixeron Daniela e Valeria.


-E fixemos a nosa aportación ao mural das escaleiras engadindo a Eduardo Pondal (autor do poema "Os Pinos" do cal se extrae o himno galego) e a Pascual Veiga (músico encargado de facer a melodía de dito himno).

20/10/2017

A NOSA PRIMEIRA EXCURSIÓN

Onte visitamos unha exposición moi interesante en Afundación titulada "A arte no cómic". 
Pasámolo xenial, aprendemos un montón de cousas novas e portámonos moi ben. Non se pode pedir máis!
Se queredes saber máis desta saída, premede na imaxe para acceder ao vídeo cos nosos mellores momentos.

http://bibliobn.blogspot.com.es/2017/10/a-arte-no-comic.html

17/10/2017

ANIVERSARIO DE JANAT

Seguimos cos aniversarios do mes de Outubro!
Hoxe tocoulle a Janat celebrar o seu cumple. Estaba encantada coa súa coroa e a súa tarta de 3 anos. Ademais, tamén nos agasallou cun postre en forma de flor que estaba riquísimo.
Parabéns Janat!



16/10/2017

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA OFICIOS ARTESANAIS

Hoxe Erik trouxo a fotografía que fixo para participar no concurso proposto fai unhas semanas co gallo da romaría de San Miguel.
O oficio elixido por Erik foi o do oleiro e, na clase, explicounos como traballan os oleiros co barro e a cantidade de cousas chulísimas e moi útiles que se poden facer con este material.
Grazas á familia de Erik por participar! Dentro duns días recibiredes o voso agasallo.




11/10/2017

O ESCORNABOT: PARTE I

Estes días estivemos moi atarefados coñecendo as distintas pezas das que se conforma o escornabot. A profe Aida, no espazo fedelleiro, estivo ensinándonos as rodas recen impresas na impresora 3D e, a continuación, tivemos que ir escollendo nós as pezas necesarias da caixa de repostos para o escornabot.
Nos próximos días seguiremos coñecendo máis cousiñas sobre este robot e remataremos por montalo.
Recordade que cando estea listo, o escornabot irá pasando polas casas de todos os nenos e nenas para que poidades coñecelo e xogar con el.




08/10/2017

PRÉSTAMO SEMANAL

O venres marchamos moi contentos para casa coas nosas mochilas vermellas do préstamo semanal. Cada neno/a escolleu o conto que quería levar e pegou a portada na libreta. Agora na casa só vos queda desfrutar coa lectura dos contos e completar a libretiña co debuxo e o título do conto e marcar se vos gustou ou non.
Recordade que para poder levar outro conto a semana que vén, tedes que traelo de volta antes do martes.



05/10/2017

A BIBLIOBN XA ESTÁ EN TWITTER

E para celebrar este acontecemento e animarvos a seguirnos fixemos este vídeo.


O NOSO TWITTER from biblio BN on Vimeo.

Premede na imaxe se queredes acceder ao noso Twitter
http://static1.squarespace.com/static/57bb7bddebbd1a30a1b06802/58193495be6594f54cb4d3b4/589223103a0411bd656fd3b0/1485974153174/Twitter.png?format=1000w

04/10/2017

ANIVERSARIO DE SOFÍA

Hoxe no barrio azul celebramos o cumple de Sofía, que xa entrou no clube dos 3 aniños. Degustamos uns biscoitos con forma de osiños feitos por Sofi e pola súa mami que estaban riquísimos.
Parabéns Sofía!


ENTREGA DE CARNÉS

Desde hoxe xa somos novos usuarios da BiblioBN!
Os nenos e nenas da aula rosa (5 anos) fixéronnos entrega dos nosos carnés de usuario para poder levar libros para casa e dun manual coas normas de uso.
Recordade que o horario da biblioteca para acudir en familia é os martes de 16 a 17 horas.






03/10/2017

POESÍA EXPRESS E ENCONTXO CON ÁNGELES ALVARIÑO

Hoxe tivemos una mañá moi interesante, como todos os martes subimos á biblioteca para escoitar a poesía da semana, neste caso adicada a nosa lingua. A profe Aida recitounos o poema de Manuel María acompañado dun vídeo chulísimo que podedes ver se clicades na seguinte imaxe.

http://bibliobn.blogspot.com.es/2017/10/martes-poesia-express-fala.html

E, a continuación, aproveitamos para coñecer un pouquiño mellor a Ángeles Alvariño, personaxe relevante no noso calendario deste mes de Outubro, a cal foi a primeira bióloga mariña e oceanógrafa galega.
Premede na imaxe se queredes saber máis acerca deste EncontXo.

http://bibliobn.blogspot.com.es/2017/10/encontxo-con-angeles-alvarino.html


02/10/2017

REUNIÓN TITORIAL

Lembrade que mañá ás 16:30 temos unha reunión de grupo na aula para valorar o desenvolvemento do período de adaptación e explicar aspectos relevantes da nosa forma de traballo na aula.
Agardámosvos!!