28/02/2019

OS MANDADIÑOS DO GRÚFALO

LUNS: "Se ao peto te queres parecer, plumas deberás traer"

MARTES: "Uns colmillos debes pintar, se ao xabarín queres imitar"


MÉRCORES: "Raposo, raposiño, pon orellas no teu corpiño"

XOVES: "De esquío trae a cola, este mandadiño como mola!"

25/02/2019

DÍA DE ROSALÍA 2019: #LIBREOMEUPENSAMENTO

Hoxe presentamos na biblioBN o traballo realizado durante estes días en relación coa convocatoria da AELG para celebrar o Día de Rosalía 2019.



E descubrimos o resultado da plantación do poema "Adiós ríos, adiós fontes".


Aquí vos deixamos algunhas fotos do making-of.









24/02/2019

OKUPACIÓN ESCORNABÓTICA: RAI

Esta semana chegou o escornabot de volta da casa de Rai cunha plantilla moi interesante. O xogo consiste en sacar unha tarxeta e relacionala coa profesión de monte correspondente, por exemplo: a vaca co gandeiro, as abellas co apicultor, a mangueira co bombeiro forestal... Ademais, temos dúas casillas perigosas polas que debemos evitar pasar: a do incendio e a da contaminación. Pasámolo xenial xogando con ela.


Moitísimas grazas polo voso traballo, familia!

22/02/2019

MONKEY AND ME

CÓNTANOS KATRINA QUE DURANTE AS ÚLTIMAS SEMANAS, NAS SESIÓNS DE INGLÉS, ESTIVERON A TRABALLAR CUN FERMOSO CONTO TITULADO "MONKEY AND ME".



A TRAVÉS DA SÚA LECTURA AFONDARON NA TEMÁTICA DOS ANIMAIS, QUE TAN INTERESANTE ESTÁ A RESULTAR PARA OS NENOS E NENAS; E OS SEUS MOVEMENTOS.

ADEMAIS GOZARON IMITANDO AOS ANIMAIS A TRAVÉS DA CANCIÓN "LET'S GO TO THE ZOO"

PRACTICARON TAMÉN O VOCABULARIO XOGANDO CO ESCORNABOT CUNHA NOVA PLANTILLA RELACIONADA CO CONTO.



OUTRAS ACTIVIDADES FORON XOGOS DE ACCIÓN, ADEVIÑAR O ANIMAL A TRAVÉS DO SON OU DO MOVEMENTO, XOGOS COA PELOTA SEGUINDO A ESTRUTURA DO CONTO E REALIZACIÓN DE MÁSCARAS PARA A GRAVACIÓN DUN CROMA QUE VOS DEIXAMOS A CONTINUACIÓN.






ABRACADABRAABRACADI,
MAGIC FOR YOUMAGIC FOR ME!!!

19/02/2019

AQUILES: O PUNTIÑO

Tomando como punto de partida a fermosa historia de Aquiles, aproveitamos para seguir traballando o esquema corporal e a súa representación, así como a motricidade fina.

Unha vez lida a historia, pasamos a montar o noso propio Aquiles seguindo os pasos do conto "primeiro os ollos; a continuación, a cabeza, máis adiante, a boca..." Para iso tivemos que desenvolver a destreza dos nosos dediños para despegar e pegar os gomets e as tiras de aironfix e tamén para cortar coas tesoiras algunha tira moi longa e convertila ao tamaño axeitado.


Cando xa o tivemos completo, deixamos voar a nosa imaxinación e, coas témperas e os pinceis, engadímoslle diferentes elementos á nosa creación.


Estamos feitos uns artistas!

18/02/2019

MONITOR TÁCTIL

No taller TIC estivemos empregando o novo monitor táctil e o lapis óptico para escribir os nosos nomes e números e tamén debuxamos.


11/02/2019

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

Hoxe, para celebrar este día tan importante, recibimos no espazo fedelleiro a unhas alumnas de ciencias da Universidade de A Coruña acompañadas pola súa mestra, coas cales pasamos un rato super divertido experimentando en diferentes talleres: fósiles, slime e equilibrio.
E tamén fixemos nubes con xeo seco, impresionante!
Moitísimas grazas Ana, Alba, Vicky e Laura. 
Preme na imaxe para ampliar a información e ver as imaxes.


09/02/2019

ENCONTXO: LUZ NEGRA

O mércores tivo lugar no espazo fedelleiro un encontXo fascinante: con todas as luces apagadas, menos as bombillas de luz negra, creouse unha atmósfera perfecta para descubrir o conto de Hervé Tullet "Juego en la oscuridad". Un conto sen palabras pero cunhas imaxes fluorescentes espectaculares.

http://bibliobn.blogspot.com/2019/02/encontxo-luz-negra.html

A continuación, a profe Lucía explicounos os diferentes materiais que alí imos poder atopar para experimentar con eles: imáns, pezas de construcións e de encaixar, calcetíns que poden ser empregados como marionetas, pinceis e témperas...todo fluorescente.


O xoves, aproveitando a sesión semanal de TICs achegámonos ao fedelleiro para, como o seu nome indica, "fedellar" neste atelier de luz negra e estas foron algunhas das nosas creacións.





07/02/2019

OKUPACIÓN ESCORNABÓTICA: ALEXIS

Esta semana chegou de volta a mochila do escornabot despois de pasar uns días na casa de Alexis.


Veu acompañada dunha plantilla moi divertida na que ademais de atopar a imaxe de monte asociada co número que nos sae no dado temos que facer unha acción. Debemos fixarnos na cor que ten a casilla que nos tocou e ler a tarxeta con esa cor para saber o que temos que facer: cantar unha canción, bailar unha muiñeira, chiscar un ollo, saltar...
Pasámolo xenial. Moitas grazas familia!


05/02/2019

PLUMITAS E PINCHITOS

Onte tivemos unha grande sorpresa a primeira hora da mañá. Erik trouxo da casa dous animaliños (un moucho e un ourizo) feitos con piñas de piñeiro da colección do seu irmán Dani.
Con fieltro, ollos móbiles, limpapipas, unha pistola de silicona e a axuda da súa mamá, Erik creou estes dous orixinais animais que nos van servir de mascotas para a aula.


Estabamos tan emocionados con este agasallo que decidimos poñerlles nome e, como era moi difícil poñernos de acordo entre tantos, pensamos que o mellor sería facer unha votación democrática. Cada nena/o foi propoñendo un nome para cada animal ou escollendo algún dos que xa estaban ditos.
E, unha vez finalizada a votación e feito o reconto, aquí vos presentamos ao moucho Plumitas e ao ourizo Pinchitos.


Moitísimas grazas á familia de Erik!

02/02/2019

GRAFOMOTRICIDADE CREATIVA: ESPIRAL

Aproveitando a poesía express desta semana, puxémonos mans á obra para practicar os trazos en forma de espiral.


Primeiro, practicamos nas bandexas de experimentación.


Despois da lectura do conto "¡Eso no es normal!" realizamos o trazo en forma de espiral, igual que a longa trompa do elefante da historia, empregando pinceis e témpera con purpurina.


Con rotuladores de distintas cores completamos o interior das cunchas dos caracois.


E por último, no taller semanal de mates, experimentamos co retroproxector.


CONCERTO AS ESTACIÓNS

  As estacións from biblio BN on Vimeo .