19/02/2019

AQUILES: O PUNTIÑO

Tomando como punto de partida a fermosa historia de Aquiles, aproveitamos para seguir traballando o esquema corporal e a súa representación, así como a motricidade fina.

Unha vez lida a historia, pasamos a montar o noso propio Aquiles seguindo os pasos do conto "primeiro os ollos; a continuación, a cabeza, máis adiante, a boca..." Para iso tivemos que desenvolver a destreza dos nosos dediños para despegar e pegar os gomets e as tiras de aironfix e tamén para cortar coas tesoiras algunha tira moi longa e convertila ao tamaño axeitado.


Cando xa o tivemos completo, deixamos voar a nosa imaxinación e, coas témperas e os pinceis, engadímoslle diferentes elementos á nosa creación.


Estamos feitos uns artistas!

No hay comentarios:

Publicar un comentario