05/02/2019

PLUMITAS E PINCHITOS

Onte tivemos unha grande sorpresa a primeira hora da mañá. Erik trouxo da casa dous animaliños (un moucho e un ourizo) feitos con piñas de piñeiro da colección do seu irmán Dani.
Con fieltro, ollos móbiles, limpapipas, unha pistola de silicona e a axuda da súa mamá, Erik creou estes dous orixinais animais que nos van servir de mascotas para a aula.


Estabamos tan emocionados con este agasallo que decidimos poñerlles nome e, como era moi difícil poñernos de acordo entre tantos, pensamos que o mellor sería facer unha votación democrática. Cada nena/o foi propoñendo un nome para cada animal ou escollendo algún dos que xa estaban ditos.
E, unha vez finalizada a votación e feito o reconto, aquí vos presentamos ao moucho Plumitas e ao ourizo Pinchitos.


Moitísimas grazas á familia de Erik!

No hay comentarios:

Publicar un comentario