30/03/2022

O Volcán de Venus

 


O pasado martes os nenos e as nenas da aula azul puideron descubrir como se forman os volcáns e incluso tivemos a oportunidade de facer un caseiro nos mesmos/as. Pero que precisamos??

INGREDIENTES:

  • Unha botella
  • Colorante alimenticio (opcional)
  • Un vasiño de vinagre
  • Unha cucharada de xabón líquido
  • Unha cucharada de bicarbonato
PRECESO:

  • Engadimos unhas gotiñas de colorante á botella, acto seguido incorporamos o vasiño de vinagre e a cucharada de xabón e removemos coidadosamente. Por último espolvoreamos a cucharada de bicarbonato e... MÁXIA!!!!! Xa temos o noso volcán!
Provádeo a facelo na casa! É moi divertido!!!



28/03/2022

Creatividade na aula

 Aproveitando que a semana pasada foi o día da poesía, fixemos unha actividade creativa na aula empregando os distintos nomes de poetas famosos. 



23/03/2022

DÍA DA POESÍA

A Poesía Express desde martes, foi adicada ao día da Poesía, que foi celebrada o pasado 21 de marzo. 
 



Mulleres na prensa

 Ao longo desta semana estamos a traballar na clase cos diferentes xornáis galegos, estivemos vendo as súas funcións, as diversas noticias e incluso atopamos uns códigos QR escondidos que apareceron nas diferentes páxinas dos xornáis. Ao escanealos atopamos información de mulleres importantes na actualidade como: Ledicia Costas, Ana Peleteiro, as Tanxugueiras e moitas outras!!




11/03/2022

10/03/2022

Un agasallo espacial!

 Esta semana tivemos unha visita moi interesante!. Valentina Tereshkova a primeira muller astronauta en viaxar o espazo, aterrou este martes en Barrionovo; contounos unha poesía e tróuxenos un agasallo moi especial para xogar por equipos!



07/03/2022

05/03/2022