25/03/2018

PLANO INTERACTIVO DO NOSO HORTO

Estes días comezamos a realizar un plano interactivo do hortoBN.



Para iso empregamos unha aplicación xa coñecida de actividades anteriores (Thinglink) e gravamos uns vídeos ampliando a información do que temos plantado.
Aproveitando que están florecendo, comezamos cos Iris de Holanda.

23/03/2018

CARAPUCHIÑA NO FAIADO

Para conmemorar o Día Mundial do Teatro que se celebra o día 27 deste mes, hoxe fomos ao "Teatro del Andamio" a gozar dunha versión moi divertida do conto "Carapuchiña Vermella", na que o lobo non era tan feroz como o pintan. Pasámolo xenial!

 

Que teñades unhas boas vacacións. Vémonos á volta!

22/03/2018

ENCONTRO: FOLCLORE TRADICIONAL GALEGO

A nai de Martín, da aula rosa, veu hoxe ao cole para darnos a coñecer moitos instrumentos tradicionais galegos. Pasámolo xenial aprendendo cousas do noso folclore, escoitando o son destes instrumentos, cantando e bailando.
Moitas grazas Ana!

21/03/2018

DÍA DA POESÍA

Hoxe comezamos a mañá celebrando o Día da Poesía combinando os versos de Manuel María coa arte de Urbano Lugrís e este foi o resultado.
Clicade na imaxe para saber máis.

http://bibliobn.blogspot.com.es/2018/03/encontxo-dia-da-poesia.html


20/03/2018

II ENCONTRO INFORMATIVO: O MEU LUGAR FAVORITO DE GALICIA

Hoxe, na biblioBN, tivo lugar o II Encontro Informativo en relación coa actividade "O meu lugar favorito de Galicia" que realizamos en colaboración coas familias, dentro do noso proxecto anual "A volta a Galicia en 284 días".
Nesta ocasión tocoulle a Izan, Valeria Pascual e Mateo explicarlles ao resto dos seus compañeiros/as cal é o seu lugar favorito de Galicia e porque. 
Dentro de pouco, poderedes disfrutar dos vídeos explicativos destes tres lugares. Mentres tanto, clicando na imaxe, tedes un adianto.

http://bibliobn.blogspot.com.es/2018/03/compartindo-informacion-o-meu-lugar.html


13/03/2018

ENCONTRO MUSICAL

Hoxe gozamos dun encontro con Lorena, mestra da Escola de Música de Arteixo, que nos agasallou cun conto musicado coa axuda do seu saxofón. Foi unha actividade super divertida coa que aprendemos un montón de cousas sobre este instrumento.

O MUNDO AO REVÉS

Seguimos experimentando distintas formas de traballar a grafomotricidade. Neste caso dunha forma moi especial, colocamos un plástico transparente tenso entre dúas mesas e empregando brochas e pinturas acrílicas de varias cores practicamos diferentes tipos de trazos. 
Mentres uns pintaban, outros podían meterse debaixo da mesa para ser espectadores desde unha perspectiva diferente á habitual.
Encantounos este experimento!


11/03/2018

EXPERIMENTANDO COA LUZ

O venres, coa axuda da profe María, pasamos unha hora moi divertida no espazo fedelleiro coñecendo o funcionamento do retroproxector e experimentando cos efectos da luz.
Clicando na imaxe poderedes ampliar a información.

http://bibliobn.blogspot.com.es/2018/03/momentos-retro-no-espazo-fedelleiro.html

01/03/2018

ÁBREME PORQUIÑO!

Premendo na imaxe poderedes ver a actividade tan divertida que fixemos hoxe, no espazo fedelleiro, na que contamos o conto "Os tres porquiños" dun xeito moi innovador.

http://bibliobn.blogspot.com.es/2018/03/o-escornabot-e-os-tres-porquinos.html

CONCERTO AS ESTACIÓNS

  As estacións from biblio BN on Vimeo .