05/10/2026

E DESPOIS DO CONTO...

 Despois de ver o conto, recordalo na clase e visionar este vídeo...

Toca decidir cal nos gustaría investigar en primeiro lugar, e como para iso está a democracia só queda VOTAR


Cada un colle o seu cilindro e coloca diante do elexido, é fácil, a torre máis alta será a gañadora

Pero...prodúcese un empate polo que haberá que desempatar


E velaiquí o resultado... 

A Xirafa será a primeira investigada!

02/10/2026

ACTIVIDADE DE MOTIVACIÓN: SUPERMAMÁS!

Arrincan as investigacións!

Presentamos o proxecto cunha actividade conxunta na BiblioBn na que presentamos un conto evocador, SUPERMAMÁS, albúm ilustrado infantil de Philip Bunting.

Na natureza tamén existen nais extraordinarias que fan cousas soprendentes polas suas crías.


Estas imaxes decorarán despois os nosos corredores


01/10/2026

BENVID@S A AULA AZUL!

 ESTE CURSO ESTREAMOS AULA E ÁMBITO 

Compartiremos espazo co ámbito lóxico matemático no cal traballaremos arredor do desenvolvemento do pensamento abstracto, a resolución de problemas e a comprensión do espazo. 

Conteo, agrupación de obxectos, asociación número-cantidade, inicio as operaciones básicas, xogos cooperativos de lóxica matemática, recoñecemento e reproducción de formas planas básicas, creatividade a partir da xeometría, etc


Ademáis na aula conviviremos co que vaiamos investigando ao redor do proxecto deste curso


Animais zoorprendentes!
1ºTrimestre: As que coidan
2ºTrimestre: As que lideran
3ºTrimestre: As que sorprenden

Iniciaremos o proxecto cun recuncho adicado as fotos de familia de diferentes animais e máis as fotos das nosas familias






18/05/2026

Investigamos as BOLBORETAS


 As nosas eirugas de SEDA e MACAÓN seguen a medrar, pero queremos saber máis sobre as BOLBORETAS!!!

Atopamos fondos na BiblioBn e  buscamos información...





11/05/2026

Último trimestre no ÁMBITO DE ARTE E LETRAS

Algunhas das propostas:


 Facemos a vidrieira chea de de as "!FLORES! de Herve Tulet.






Descubrimos o mundo dos COMICs ( banda deseñada) e as súas particularidades: VIÑETAS e BOCADILLOS...
Lemos e inventamos pequenas historias.






Traballamos con xiz e auga trazos e direccionalidade da man como "entrenamento" para o control da psicomotricidade fina, e adaptándoo a cada nivel madurativo.













25/03/2026

Rematamos o trimestre

Durante este trimestre, e grazas as nosas transmisoras no tempo coñecimos moitos xogos, e xeitos de comunicarse coas persoas de lonxe: traballamos o correo postal, as partes dunha carta, os enderezos, ubicamos no mapa o noso lugar e a onde iamos mandar as cartas; coñecimos á carteira do barrio Rosalía, limos contos relacionados. Coñecimos as partes dunha carta e a  ESCRIBIMOS. Agora esperamos as respostas... 

Coñecimos as idades das nosas transmisoras e ubicámolas na táboa do 100, compoñendo números, contando, comparando....




Xogamos moito, e grazas a Llere, a nosa profe de prácticas, coñecimos o cadro "Xogos Infantís" de Pieter Bruegel. Fixemos unha listaxe dos xogos das nosas avoas e unha guía visual de algún deles. 



Entrevistamos as nosas avoas; xogamos as chapas, petancas, goma, comba, mariola, tres navíos, 4 esquinitas....Elaboramos tabas; aprendimos a xogar en equipo, a compartir e esperar quendas de xogo.




Pechamos o traballo do  trimestre elaborando un títular que resume a esencia do traballado durante o mesmo.

Unha creación artística coas letras como protagonistas para conformar a portada da colección dos xogos que fomos coñecendo grazas as nosas Transmisoras do tempo.


E CELEBRAMOS todo o aprendido cunha saída ao Campo da Chave da  nosa vila.


Pero atención!! Unha última carta está por chegar!










16/02/2026

ENTROIDO NO ÁMBITO DE ARTE

 Creamos máscaras inspirados na tradición do Entroido Galego, que vén desde o pasado pero sigue vixente no presente.



A CORRESPONDENCIA

 Na aula azul estamos descubrindo a correspondecia! 

Eleximos a quen queremos escribir, traballamos os lugares no mapa, o enderezo, o remite e o remitente, o saúdo, a despedida e a sinatura. A carta como tipo de texto, e a aprendizaxe da lectoescritura de xeito significativo.




22/01/2026

Novas rutinas

Como xa somos os grandes da escola, o ratiño xa comezou a visitar algunhas das casas dos nenos e nenas. Na aula estamos rexistrando o número de dentes que xa caeron, organizándoo de xeito visual para ir comparando as cantidades.
 
    


Ademais, dona Semaniña está traendo cada día un reto diferente: lectura, números, debuxo, lego....



 

17/01/2026

ÁMBITO DE ARTE E LETRAS , 2º TRIMESTRE

 

Segundo trimestre no ámbito de arte e letras


Experimentamos coas misturas de cores do PANTONE do inverno e facemos unha nova colección, creamos un escenario aprendendo vocabulario en lingua galega sobre a nova estación do ano.

Engadimos a mesa de luz para o xogo de minimundos, onde crear historias en INVERNALIA.

A zona de modelaxe, transformase nun espazo de "escritura" onde trazar con materiais do día a día.

A través do conto "Os mil brancos dos esquimós", collemos destreza coa tesoira para crear con collage os MIL BRANCOS dos esquimós.

A imprenta creada durante o primeiro trimestre, integrase na aula para o seu uso autónomo.
#amaquinadotempo, tamén propón debuxar a tras luz edificios do pasado de Pastoriza : UN HORREO E A CAMPÁ DA IGREXA DE PASTORIZA.

A caixa das cores do PANTONÉ invita a xogar coas tonalidades do inverno, e aprendemos vocabulario asociado ao mesmo.











E DESPOIS DO CONTO...

 Despois de ver o conto, recordalo na clase e visionar este vídeo... Toca decidir cal nos gustaría investigar en primeiro lugar, e como para...