Durante este trimestre, e grazas as nosas transmisoras no tempo coñecimos moitos xogos, e xeitos de comunicarse coas persoas de lonxe: traballamos o correo postal, as partes dunha carta, os enderezos, ubicamos no mapa o noso lugar e a onde iamos mandar as cartas; coñecimos á carteira do barrio Rosalía, limos contos relacionados. Coñecimos as partes dunha carta e a ESCRIBIMOS. Agora esperamos as respostas...
Coñecimos as idades das nosas transmisoras e ubicámolas na táboa do 100, compoñendo números, contando, comparando....
Xogamos moito, e grazas a Llere, a nosa profe de prácticas, coñecimos o cadro "Xogos Infantís" de Pieter Bruegel. Fixemos unha listaxe dos xogos das nosas avoas e unha guía visual de algún deles.
Pechamos o traballo do trimestre elaborando un títular que resume a esencia do traballado durante o mesmo.
Unha creación artística coas letras como protagonistas para conformar a portada da colección dos xogos que fomos coñecendo grazas as nosas Transmisoras do tempo.



No hay comentarios:
Publicar un comentario