Mostrando entradas con la etiqueta ENCONTXOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ENCONTXOS. Mostrar todas las entradas

10/12/2019

U-la-Lúa

Onte a compañía "A Xanela de Maxín" deleitounos coa teatralización do conto U-la Lúa, un conto por e pola igualdade.

Podedes ver a actividade premendo aquí. 

01/12/2019

ENCONTXOS

Esta seman tivemos moitas actividades especiais, por un lado visitounos a profe Irene para lernos o conto "Baby pop"; na encurta do venres vimos o vídeo que fixemos sobre o 25N, contra a violencia de xénero; e, ademáis, o profe Jacob e Lara presentáronnos un experimento "pódese ver o son?" para pechar o mes da ciencia. Tendes todos os enlaces abaixo.






28/11/2019

MAGOSTO

Como sabedes, onte foi a celebración do MAGOSTO na EEI de Barrionovo, onde viñechedes a pasar un ratiño cos vosos nenos e nenas, desfrutando dos talleres, cancións, bailes e a merenda de castañas asadas.
Premendo na seguinte imaxe podedes acceder ó vídeo que fixemos con todas as fotos das aulas. 
Grazas por vir ! 

30/09/2019

ACTIVIDADES DA SEMANA

O pasado xoves, no espazo fedelleiro, celebramos a chegada do outono cun encontXo plurilingüe.


E o venres, na biblioBN, sumámonos ao movemento global pola emerxencia climática.

Clicando nas imaxes poderedes ampliar a información.

11/09/2019

DESPEGAMOS!

Hoxe comezamos o curso con moitísimas ganas e cun montón de sorpresas que nos estaban agardando no cole.
Clicando na seguinte imaxe poderedes acceder a toda a información sobre o encontXo de hoxe, co cal iniciamos o proxecto anual #mesturArte.

http://bibliobn.blogspot.com/2019/09/encontxo-despegamos.html

Estade moi atent@s ao blogue para saber máis acerca do que imos investigar ao longo deste curso.
Boa viaxe!!!

22/06/2019

EXPO FINAL E ENCONTXO ESPECIAL

Clicando na imaxe podedes acceder a toda a información sobre a Expo #somosdemonte. Moitas grazas a tod@s por acompañarnos.


E, para rematar este día tan especial, contamos cunha visita moi esperada. A profe María José volveu ao cole para agasallarnos con tres lecturas moi divertidas. 
Que alegría volver a disfrutar da túa presenza na biblioBN!


06/06/2019

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Onte, para celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente, contamos coa visita de Anxo Moure, un firme defensor da natureza. Pasámolo fenomenal escoitando as súas historias e participando coas súas cantigas e bailes.



E, como colofón a este día tan especial, recibimos unha importantísima noticia da man de Voz Natura: a nosa escola resultou gañadora do premio ao mellor proxecto infantil de Galicia.
Que orgullos@s estamos!!


Clicando na foto podedes acceder á noticia da edición dixital de "La Voz de Galicia".

04/06/2019

AS FAMILIAS CONTAN EN GALEGO: ISA (NAI DE ERIK)

Hoxe, na biblioBN, recibimos a Isa quen nos contou a fermosa historia de "O monstro de cores" da editorial Flamboyant.


Moitas grazas por acompañarnos e adicarnos un ratiño do teu tempo.

28/05/2019

AS FAMILIAS CONTAN EN GALEGO: LORENA (NAI DE RAI)

Hoxe contamos na biblioBN cunha visita moi especial. Lorena, mami de Rai, veunos contar un fermoso conto da editorial Kalandraka titulado "Cornelio".
Se clicades na imaxe podedes ampliar a información deste encontXo.


Moitísimas grazas por compartir este rato con nós.

11/04/2019

BEBÉ ENCONTXO

Hoxe, na biblioBN, contamos cunha sorpresa moi especial: a profe Lara veu de visita cunha acompañante moi pequeniña.
Despois da lectura do conto "Nai" detrás dun teatro de sombras descubrimos que quenes se atopaban detrás do panel eran Lara e Carmen.
Que ilusión vela! Canto a botábamos de menos.
Moitas grazas profe por esta visita tan máxica!



08/04/2019

AS FAMILIAS CONTAN: PAPÁ DE VALERIA

O venres, na biblioBN, recibimos unha visita moi especial: o pai de Valeria Casanova veunos contar a fermosa historia de "Orellas de bolboreta".
 

Para agradecerlle a súa presenza fixémoslle entrega dun marcapáxinas personalizado feito na impresora 3D e firmou no noso caderno de visitas.
Moitas grazas Quique!


Lembrade que a nosa biblio está aberta ás familias durante todo este mes. Animádevos a participar!

09/02/2019

ENCONTXO: LUZ NEGRA

O mércores tivo lugar no espazo fedelleiro un encontXo fascinante: con todas as luces apagadas, menos as bombillas de luz negra, creouse unha atmósfera perfecta para descubrir o conto de Hervé Tullet "Juego en la oscuridad". Un conto sen palabras pero cunhas imaxes fluorescentes espectaculares.

http://bibliobn.blogspot.com/2019/02/encontxo-luz-negra.html

A continuación, a profe Lucía explicounos os diferentes materiais que alí imos poder atopar para experimentar con eles: imáns, pezas de construcións e de encaixar, calcetíns que poden ser empregados como marionetas, pinceis e témperas...todo fluorescente.


O xoves, aproveitando a sesión semanal de TICs achegámonos ao fedelleiro para, como o seu nome indica, "fedellar" neste atelier de luz negra e estas foron algunhas das nosas creacións.





30/01/2019

ENCONTXO: DIA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

Hoxe para celebrar o Día da Paz, ademais de deleitarnos coa fermosa lectura do conto "A meniña furacán e o meniño esponxa" da editorial Algar, inauguramos un novo recuncho no patio. Este será un espazo de resolución de conflitos no que haberá momento para falar e para escoitar e conseguir chegar a un acordo.
Se queredes saber como vai a funcionar, premede na seguinte imaxe.

http://bibliobn.blogspot.com/2019/01/encontxo-dia-da-paz.html

Hoxe foi un día moi completo no que tamén conmemoramos o Día da Ilustración para celebrar o aniversario do nacemento de Castelao. Aproveitando unha das súas láminas relacionada co monte, elaboramos un croma e fixemos a nosa versión desta ilustración empregando rotuladores fluorescentes.



28/01/2019

ENCONTXO FORESTAL

Neste segundo trimestre, para reiniciar o traballo en relación co proxecto, tivo lugar no espazo fedelleiro un encontXo no que, ademais de escoitar a preciosa historia "En el bosque del perezoso", puidemos apreciar esta fermosa instalación.

http://bibliobn.blogspot.com/2019/01/encontxo-forestal.html

Como vedes, nesta instalación aparecen dúas palabras moi relacionadas cos montes que non coñeciamos e, por iso, decidimos poñernos mans á obra.
Subimos á biblioBN para buscar ditas palabras no dicionario. Grazas a marabillosa axuda dos nenos e nenas de 5 anos que nos deixaron algunha pista atopámolas facilmente.

Unha vez que xa sabiamos o significado destas palabras, puxémonos a pensar con que fotografía de Chema Madoz, das que temos nas escaleiras, podería estar relacionada a palabra "deforestación". E esta foi a imaxe evocadora: unha hacha feita de madeira.


Xa na aula, completamos unha ficha coa palabra, a defición persoal de cada neno ou nena e a representación gráfica.


E, para finalizar, en colaboración coas amigas/os da aula rosa, colocamos a palabra debaixo da imaxe correspondente.


30/11/2018

THE HAUNTED HOUSE

Despois de pasar un Samaín de medo e de facer un EncontXo de teatro de sombras baseado nun libro titulado "THE HAUNTED HOUSE", no taller de arte fixemos a nosa interpretación das ilustracións do conto.

Así, entre todos os nenos e nenas do centro elaboramos as nosas propias ilustracións dándolle volta ás sobras e aos cores.

Empezamos recordando o argumento do conto, recopilando as figuras que utilizaron no teatro de sompras e facendo unha secuencia cos personaxes.

Por último ordenamos as ilustracións seguindo o argumento do conto e pintamos por riba das plantillas con axuda de rolos e esponxas.

26/04/2018

AS FAMILIAS SEGUEN CONTANDO

Hoxe contamos coa visita de Lorena, mamá de Rai, quen nos agasallou cun fermoso conto: "Salvaje". Se premedes na imaxe, poderedes saber máis sobre esta historia.

http://bibliobn.blogspot.com.es/2018/04/as-familias-contan-lorena-mama-de-rai.html

Moitas grazas Lorena!

24/04/2018

REPRESENTACIÓN: PEQUENO AZUL E PEQUENO AMARELO

Aquí vos deixamos o vídeo da nosa adaptación do conto "Pequeno azul e pequeno amarelo" para a mesa de luz.
Agardamos que vos guste.


23/04/2018

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO 2018

Comezamos o Día do Libro reivindicando a importancia da lectura co texto de Fran Alonso, titulado "Non leas!", ao que as familias e o alumnado puxéronlle voz.


Unha vez visionado, comezamos cos "festexos" da Semana do Libro en Barrionovo.


Hoxe tocounos aos nenos e nenas do barrio azul representar un conto. O escollido foi "Pequeno azul e pequeno amarelo" que, como sabedes, é un conto que xa temos traballado e que nos encanta. Para contarlles esta historia aos nosos compañeiros de 4 e 5 anos empregamos a mesa de luz.
Clicade na imaxe para saber máis.

http://bibliobn.blogspot.com.es/2018/04/semana-do-libro-luns-alumnado-de-3-anos.html

20/04/2018

SEGUIMOS CONTANDO

As familias seguen a participar na iniciativa do Mes do Libro e, hoxe, contamos na biblioBN coa visita de Montse, mamá de Daniela e Valeria, quen nos relatou a divertida historia de "No lavar este oso". 
Clicando na imaxe podedes ver máis imaxes deste EncontXo.
Moitísimas grazas Montse!

http://bibliobn.blogspot.com.es/2018/04/as-familias-contan-montse-mama-de.html

Investigamos as BOLBORETAS

 As nosas eirugas de SEDA e MACAÓN seguen a medrar, pero queremos saber máis sobre as BOLBORETAS!!! Atopamos fondos na BiblioBn e  buscamos ...