19/02/2020

ARTE REUTILIZABLE

Mirade as artistadas que están a facer os nenos e nenas na clase de arte cas garrafas que achegástedes ao centro.




 

        

14/02/2020

OKUPACIÓN ESKORNABÓTICA

Hoxe Alexis deleitóunos ca súa plantilla do eskornabot !!
Neste caso Alexis decidiu facela sobre os alimentos máis típicos de diferentes culturas do mundo, foi unha idea xenial 😁 ENCANTÓUNOS






11/02/2020

HORA DO EXPERIMENTO: tintamos flores

"TINTAMOS FLORES"

A semana pasada comezamos un novo experimento cas flores brancas que as familias achegástedes a nosa aula. En primeiro lugar observamos cales eran os materiales que tiñamos que empregar para facer o experimento:
  1. Flores brancas
  2. Auga
  3. Colorante alimenticio vermello, amarelo e azul
  4. Vasos 
Os nenos e nenas, coma sempre, fixeron as súas hipóteses sobre o que podía ocorrer co experimento, chegando a conclusión de que tiñamos que meter as flores nos vasos ca agua e os colorantes. Cada neno experimentou cos colorantes facendo novas cores (violeta, verde, laranxa...) e deixamos pasar o tempo, en concreto 7 DÍAS, e... mirade o que pasou... 






Experimento flores from biblio BN on Vimeo.

Despois de ver o resultado fixemos a nosa ficha da "hora do experimento", na cal os nenos e nenas plasman o experimento, as conclusións e os materiais necesarios para levalo a cabo. 




09/02/2020

CONTO E ARTE

Como todas as semanas, o conto é un dos medios que utilizo na aula para traballar cos nenos e nenas valores, grafomotricidade, creatividade, imaxinación, atención,... Neste caso escolleron o conto "Marta no da besos", e logo fixeron un debuxo do que máis lles gustou do mesmo. Aquí tedes algúns dos debuxos cos seus artistas.






08/02/2020

OS IGLÚS


Aquí tedes as dúas preguntas que lle fixen os nenos e nenas o venres antes de comezar o proxecto, e que son claves para poder arrancalo. QUE SABEDES SOBRE OS IGLUS, E QUE QUEREDES SABER?
É moi importante ter en conta os intereses dos nenos e nenas cando se fai un proxecto de investigación. Así que, partindo destas preguntas podedes comezar a investigar con eles e ir respondendo as preguntas traendo información ao cole.


07/02/2020

PASAPORTE "PARADA: EXIPTO"

Esta semana cubrimos o noso pasaporte ca nosa primeira parada: EXIPTO. 

Primeiro puxeron os seus datos e despois os datos do país que investigamos: continente, país, idioma, bandeira e datos de interese.











06/02/2020

GRAFOMOTRICIDADE CREATIVA

Aquí temos unha nova actividade de grafomotricidade creativa que axuda aos nenos e nenas a mellorar a súa motricidade fina e a súa creatividade ca realización de trazos artísticos libres.
Neste caso fixeron un esgrafiado con ceras blandas.



05/02/2020

St. Patrick's Day

Preme na imaxe para ver que andan a argallar Katrina e Monkey nas sesións de inglés.




OKUPACIÓN ESCORNABÓTICA

Akram trouxo o seu escornabot o cole, neste caso traballou a diversidade de portas que se encontran na súa cultura árabe, en Marruecos. Son preciosas !

Moitas grazas familias.






04/02/2020

NOVO PROXECTO #MesturArte !! IGLÚS

Bo día ! Hoxe, martes 4 de febreiro, decidimos comezar un proxecto novo de investigación, xa que xa temos terminada nosa investigación sobre Exipto e as pirámides.

Anímovos a que participedes durante o proxecto traendo información sobre o tema que imos abordar, xa que é a mellor forma de que os nenos e nenas leven unha aprendizaxe máis motivadora e significativa. Podedes traer información sobre como son os iglús, canto miden, con que se constrúen, cal é o procedimento, as ferramentas que se usan, quen vive neles, onde podemos atopalos, como é o clima, a flora e a fauna, se pescan, cazan ou recolectan comida, os deportes máis destacados, os xogos populares, a música e vestimenta típica, as comidas máis coñecidas, o idioma, cultura artística (pintura, escritura, escultura)... o que se vos ocurra !
Recordade que tedes as portas da aula azul abertas sempre que queirades vir a contar algo sobre o proxecto, traer unha maqueta, un collage, un conto, un disfraz, algún moneco... darlle un pouco de imaxinación e seguro que se vos ocorre algo !  

Podedes ver como  escollimos a casa no seguinte vídeo:




Novo proxecto iglú from biblio BN on Vimeo.
OS IGLÚS