31/05/2019

SAÍDA Á FUNDACIÓN BARRIÉ: TRAZOS MAESTROS

Este mércores fixemos unha saída super interesante á Fundación Barrié. Clicando na imaxe podedes ampliar a información.

http://bibliobn.blogspot.com/2019/05/visita-fundacion-barrie-trazos-maestros.html


SOPRA NESTE FURADIÑO

Este martes, as nenas e nenos da aula azul encargámonos da poesía express semanal. Para iso, escollemos un conto de Edicións Embora titulado "Sopra neste furadiño".
Este serviunos para traballar diferentes aspectos: o sopro (forte, suave, para dentro...), a dramatización de diferentes escenas do conto empregando distintos elementos, o debuxo dalgúns animais que saían no conto (peto, elefante, bolboretas e verme) e a grafomotricidade creativa (bucles).






28/05/2019

AS FAMILIAS CONTAN EN GALEGO: LORENA (NAI DE RAI)

Hoxe contamos na biblioBN cunha visita moi especial. Lorena, mami de Rai, veunos contar un fermoso conto da editorial Kalandraka titulado "Cornelio".
Se clicades na imaxe podedes ampliar a información deste encontXo.


Moitísimas grazas por compartir este rato con nós.

27/05/2019

THE VERY HUNGRY CATERPILLAR

CÓNTANOS KATRINA QUE, CONTINUANDO CO PROXECTO EUROPEO E-TWINNING "SPRING INTO SPRING", NAS ÚLTIMAS SEMANAS OS NENOS E NENAS TRABALLARON CO CONTO "THE VERY HUNGRY CATERPILLAR" A TRAVÉS DO CAL PUIDERON APRENDER COMO É O PROCESO DE METAMORFOSE DUNHA BOLBORETA E VOCABULARIO RELACIONADO CON ESTE E COS ALIMENTOS.


OS NENOS E NENAS TIVERON A SORTE DE COIDAR DÍA A DÍA OS SEUS PROPIOS VERMES DE SEDA, LIMPANDO AS SÚAS CAIXAS E DÁNDOLLES DE COMER, ASISTINDO ASÍ EN PRIMEIRA PERSOA AO SEU PROCESO DE METAMORFOSE.


COMA SEMPRE, A MANIPULACIÓN, O XOGO, A MÚSICA E A LEDICIA, IMPREGNARON AS SESIÓNS DE INGLÉS.

 
ABRACADABRAABRACADI,
MAGIC FOR YOUMAGIC FOR ME!!!

24/05/2019

OKUPACIÓN ESCORNABÓTICA: CHLÖE

Chlöe levou a mochila escornabótica para casa e desfrutou moito xogando coas plantillas do proxecto. 


Ademais, coa axuda da súa familia, elaborou outra plantilla coa cal estivemos xogando na aula.


Moitas grazas pola vosa colaboración.

22/05/2019

AS FAMILIAS CONTAN EN GALEGO: QUIQUE (PAI DE VALERIA C.)

Neste mes de maio, adicado ás Letras Galegas, contamos coa presenza do pai de Valeria Casanova que nos veu contar en galego unha versión moi divertida do coñecidísimo conto de Pinocho, neste caso o libro-disco publicado pola editorial EducaTeatro e titulado "O mundo máxico de Pinocho".
Unha vez finalizada a lectura escoitamos a canción favorita de Valeria incluída no disco.


Un pracer coma sempre recibir ás familias na nosa escola. Grazas Quique!

20/05/2019

LETRAS GALEGAS 2019: ESCAPE ROOM

O xoves, para celebrar o Día das Letras Galegas, realizamos unha actividade moi motivadora e divertida na que os nenos e nenas tiñan que recuperar a memoria dun persoeiro relevante (Antón Fraguas).
Primeiro, visionaron o seguinte trailer.


A continuación, distribuíronse nos equipos marcados e comezaron a facer as diferentes probas. Podedes ver todo o proceso clicando na seguinte imaxe.


15/05/2019

A DEBUXAR!

"¡A dibujar!" de Hervé Tullet é unha nova adquisición da biblioBN e esta semana estivemos empregándoa na aula.
O xogo consiste en colocar as cartas en tres montóns: as de puntiños (que nos indican o que temos que debuxar: cadrados, ondas, árbores...), as de liñas (que nos din como debemos facelo: na parte de arriba, grande, á dereita...) e as plantillas de cores. 
Cada nena/o tiña que levantar unha carta de puntiños e outra de liñas para saber que debuxar e como; e, a continuación, tiraban o dado para ver que cor lles tocara e, así coller a plantilla desa cor e empregala no seu debuxo.


Unha vez feito isto, pasamos a debuxalo todo no papel empregando pinceis e as tres cores favoritas de Hervé Tullet (azul, vermello e amarelo).
Foi todo un éxito e saíron unhas creacións chulísimas!


10/05/2019

"A MERENDA DO PARQUE"

Esta semana contamos o conto "A merenda do parque" de Cecilia Moreno e Pablo Albo e, como nos gustaron tanto as súas ilustracións, aproveitamos para facer unha actividade de grafomotricidade creativa coa que puidemos practicar diferentes tipos de trazos.


Empregando rotuladores finos de diferentes cores tratamos de emular algunha das ilustracións do conto.


E, unha vez feitos todos os trazos, pasamos a debuxar a Alberte e a súa nai.


07/05/2019

MÁIS VÍDEOS INFORMATIVOS

Continuamos investigando as diferenzas entre as especies autóctonas e as invasoras, así como descubrindo montes galegos con historia. Grazas a Erik, Chlöe, Valeria Casanova e Claudia puidemos aprender un pouquiño máis de todos eles.
Moi bo traballo chic@s!

Erik (Plumacho)


Erik (Fento de auga)


Chlöe (Sobreira)


Valeria Casanova (Monte de San Pedro)



Valeria Casanova (Eucalipto)



Claudia (Monte de Santa Tegra)



Claudia (Mimosa)


04/05/2019

SPRING INTO SPRING

COMO XA ADIANTÁRAMOS, CÓNTANOS KATRINA QUE OS NENOS E NENAS LEVAN O QUE VAI DE PRIMAVERA INMERSOS NO PROXECTO E-TWINNING "SPRING INTO SPRING".



CON ESTE, ESTÁN A APRENDER VOCABULARIO E ASPECTOS CULTURAIS RELACIONADOS COA PRIMAVERA E A PASCUA E COMPARTINDO EXPERIENCIAS CON NENOS E NENAS DE PAÍSES COMO ITALIA E POLONIA.




AS HISTORIAS "I AM A BUNNY" E "PETE THE CAT. BIG EASTER ADVENTURE" CONTEXTUALIZARON ESTAS ÚLTIMAS SEMANAS AS SESIÓNS DE INGLÉS.

 (Clica nas portadas para escoitalos)


  

ADEMAIS DA LECTURA E DRAMATIZACIÓN DESTES CONTOS, OUTRAS ACTIVIDADES REALIZADAS FORON:

CREACIÓN DE PLANTILLAS E XOGO CO ESCORNABOT


ELABORACIÓN DE MURAIS COMO PRETEXTO PARA A PRÁCTICA DO VOCABULARIO


CREACIÓN DE BOLBORETAS A PARTIR DE FILTROS DE CAFÉ E TINTA RECICLADA


MODELADO E DECORACIÓN DE OVOS DE PASCUA

ELABORACIÓN DE POSTAIS E OVOS 3D COMO AGASALLO AO ALUMNADO DE POLONIA





BUSCA DE OVOS NO PATIO DA ESCOLA ORGANIZADA POLO MISMÍSIMO EASTER BUNNY



ADEMAIS DISTO, CANDO VISITAMOS A CASA DAS CIENCIAS PUIDEMOS ASISTIR AO NACEMENTO DE PITIÑOS REAIS


E ESE MESMO DÍA, AO CHEGARMOS Á ESCOLA, AGARDÁBANOS OUTRA SORPRESA, RECIBIMOS UNHA POSTAL DA ESCOLA POLACA FELICITÁNDONOS A PASCUA!


O TRABALLO CONTINUARÁ NAS VINDEIRAS SEMANAS NESTA MESMA LIÑA.
A MAXIA TAMÉN CONTINÚA, SEGUIREMOS INFORMANDO!

ABRACADABRAABRACADI,
MAGIC FOR YOUMAGIC FOR ME!!!



03/05/2019

PRENSA: OSO PARDO NO COUREL

Estes días recibimos no mail da aula un correo da aula rosa (5 anos) no que compartían con nós unha noticia moi interesante relacionada co monte traballado no mes de Abril (a serra do Courel) e cun animal que nos gusta moito (o oso pardo).
Aquí tedes o enlace ao vídeo no que podemos ver como un oso pardo destroza as colmeas dun apicultor para comer o mel e, sobre todo, as larvas das abellas que teñen moitas proteínas.
https://www.elprogreso.es/video/videos/114-grabado-por-primera-vez/20140828101353000764.html
Despois de falar deste tema, pasamos a reescribir a noticia: cada un/unha pensou o seu titular, fixo o debuxo e escribiu o pé de foto.
Así nos quedaron.




01/05/2019

VIAXE POLOS MONTES GALEGOS

Na hora semanal adicada a TICS, estivemos realizando a nosa particular viaxe polos montes galegos traballados. Para iso, empregamos o mapa físico de Galicia, o escornabot, unha plantilla xigante con coordenadas e dous dados (un con letras e outro con números).
A continuación, a profe Mayte explicounos a forma de xogar: por parellas, unha nena/o tira o dado das letras e a outra nena/o tira o dos números e teñen que colocarse na plantilla de coordenadas na letra e número indicados. Cando se xuntan, observamos no mapa onde nos atopamos, que monte dos que coñecemos nos queda máis preto e localizamos a provincia na que estamos.


Chuvisca

 SORPRESA NA AULA: UNHA HISTORIA, ESCOITADA A ESCURAS.... Chuvisca from biblio BN on Vimeo . E AO ENCENDER A LUZ... VOLVEU O PETO!