16/05/2024

Día das letras galegas 2024

Rematamos a semana das letras galegas co noso mural das nosas palabras favoritas en GALEGO!

No mural conviven os edificios máis relevantes da cidade da Coruña, lugar de nacemento da homenaxeada. Luisa Villalta. Irene contounos moitas cousas máis sobre ela hoxe na biblioBN. 

E de AGASALLO, un código QR con moita música en GALEGO.






Vémonos o martes! Mentres podedes ver ratiños deste mes no cole.

A aula en maio from biblio BN on Vimeo.

CUMPLE BRUNO

 



15/05/2024

PALABRAS QUE DEBUXAN

As nosas palabras en galego debuxan poesías.

Igual que o poema "Obelisco" de Luisa Villalta. Nós tamén debuxamos con palabras.


















13/05/2024

Semana das letras galegas

 Comezamos a mañá descubrindo quen foi 

LUISA VILLALTA

Clica na imaxe


Despois fixemos unha proposta de grafomotricidade coa Torre de Hércules como protagonista


E pola tarde, poesía e música da man de PABLO MARIÑO E ANA EDREIRA.

ISTO É PASTORIZA


Letras galegas. Isto é Pastoriza from biblio BN on Vimeo.

08/05/2024

XOGOS CON AUGA

 HOXE TIVEMOS O PATIO PARA NÓS SOLIÑOS! ASÍ QUE APROVEITÁMOLO AO MÁXIMO:


-Lavamos e tendimos roupa,

-Duchamos aos bebés.

-Cociñamos con "orbits" de cores

-Pintamos con auga e pulverizadores.

-Enchemos o patio de pompas!











07/05/2024

10 filliños do PETO

 O conto CHUVISCA, presentounos aos 4 fillos da mamá páxaro, e que xuntos forman a familia das VOGAIS.



E hoxe por fin coñecimos á familia do PETO!! Cos seus 10 filliños, fan a familia da DECENA!





04/05/2024

Volcán: o cabalo da Illa de Sálvora

 A Nai de Idris, visitou a BiblioBN para contar un conto neste mes das letras galegas. O protagonista do conto era un cabalo, e ela é experta en cabalos.

Polo que despois  compartiu con nós moita información sobre a súa egua Fury, explicounos as características máis importantes, trouxo moitos obxectos e imaxes e ata puidemos levar as riendas subidos nunha montura de verdade!

A información a complementamos co xogo do genially "Os cabalos"

GRACIAS SHAILA!






Día das letras galegas 2024

Rematamos a semana das letras galegas co noso mural das nosas palabras favoritas en GALEGO! No mural conviven os edificios máis relevantes...