22/12/2019

GRAFOMOTRICIDADE CREATIVA

Despedimos o outono con esta actividade de grafomotricidade creativa na que empregamos follas reais e cores outonales.


20/12/2019

FELICES FESTAS

Os nenos e nenas da aula azul deseamosvos boas festas de Nadal con estos disfraces de exipcios.
 A Volta de vacación mais e mellor.




19/12/2019

EXIPTO #infofamilias

Hoxe Rai trouxo  nova información sobre EXIPTO. Neste  caso investigou  sobre a arquitectura e os  animais característicos.


Moitas  grazas polo traballo familia!


18/12/2019

TALLER PAPIROS EXIPCIOS

Bo día ! Esta semana estivemos a facer un taller de papiros exipcios, os papeis que empregaban os exipcios e exipcias para escribir e debuxar.

Taller papiros from biblio BN on Vimeo.

17/12/2019

TALLER DE COLARES E BRAZALETES EXIPCIOS

Onte estivemos a facer un taller de colares e brazaletes exipcios, aproveitando a información que nos trouxera Alexis o día anterior. En primeiro lugar buscamos en Internet diferentes xoias comúns do Antigo Exipto, para recoller as principais ideas para a súa elaboración. E, despois, xa nos puxemos mans a obra, elaboramos un colar e un brazalete para cada neno, con total libertade creativa, utilizando distintos materiais de refugallo, sendo conscientes da importancia de coidar o medio ambiente, e de reutilizar os obxetos da vida cotiá. Espero que desfrutedes co vídeo

Taller colares e brazaletes from biblio BN on Vimeo.

Experimento volcán

A semana pasada tivemos unha actividade intercentros co cole Emilia Pardo Bazán, na cal fixemos unha videollamada para intercambiar experimentos científicos entre os nenos e nenas de ambos colexios. Os nenos e nenas de 2º EP, do outro cole, nos ensinaron un experimento chamado "o volcán", e nos, os nenos e nenas da aula azul, lles ensinamos un experimento chamado "pódese ver a música"? o cal xa fora presentado na biblioteca por Lara e Jacob uns días atrás. Podedes velo aquí:
Peche mes da ciencia: Ver a música from biblio BN on Vimeo.
Aproveitando a motivación dos nenos e nenas co experimento que nos ensinaron os do outro cole, probamos a facelo na nosa aula, coa axuda da profe Lara, e coa aportación dalgúns ingredientes que se foron traendo a aula. No seguinte video podedes ver os grandes científicos que son os vosos cativos.
Experimento volcán from biblio BN on Vimeo.

EXIPTO #infofamilias

Alexis trouxonos nova información sobre o proxecto #mesturarte de Exipto.
Por un lado, trouxonos xoias propias de exipto: os brazaletes e os colares decorados con moitas pedras e abalorios. 
E, tamén elaborou unha carpeta cos medios de transporte mais característicos dos exipcios: os barcos, góndolas e os camellos. Ademáis, imprimiu as carátulas das películas para nenos e nenas máis destacadas relacionadas co mundo exipcio, entre as cales encóntranse as de Asterix e Obelix. 
Con toda esta información imos a crear as nosas propias xoias pra disfrazarnos coma os exipcios, e imos ver un anaquiño dalgunha destas películas. 

Moitísimas grazas polo traballo na casa, familia ! 


O noso recuncho de exipto xa está tomando forma, vos animo a que sigades traendo información para que poidamos traballar novas cousas desta cultura tan interesante.


16/12/2019

NADAL DE REFUGALLO


Este ano, seguindo a línea de voz natura 💚, a EEI Barrionovo súmase a acción polo cuidado do medio ambiente con esta árbore de Nadal feita con materiais de refugallo. 




13/12/2019

ARTE LUZ NEGRA


Mirade a actividade mais bonita que fixemos na clase de TIC esta semana. Utilizamos a luz negra e pintura especial para iluminar a nosa artistada.
Foi xenial !


12/12/2019

ATELIER CREATIVO DE COSTURA

Esta semana comezamos un novo atelier na EEI Barrionovo, onde os nenos e nenas poderán iniciarse na costura mediante a creación de adornos do Nadal.

Podedes ver mais información premendo na seguinte imaxe.

11/12/2019

EXIPTO #INFOFAMILIAS

Temos cousiñas novas que ensinarvos de Exipto.

Valeria e Sofía trouxeron ó cole información sobre o noso proxecto #mesturarte, relacionado sobre a vida e cultura dos exipcios.

Valeria aportou estas fantásticas e antigas postais de Exipto, que trouxo seu pai cando foi de neno. Nelas puidemos observar as diferentes personaxes máis coñecidas do Antigo Exipto, como o Deus Ra, Anubis, Isis, a tumba e o sarcófago de Tutankamon...  e ademáis todas as pinturas que facían nas paredes, a súa vestimenta, arquitectura, tumbas... encantáronnos 😀



Sofía, por outra parte, trouxo información sobre a alimentación dos exipcios, como podedes ver na imaxe a dieta dos exipcios non é tan diferente da nosa, moitos alimentos forman parte da comida tradicional galega.


Despois da exposición da cada unha delas, os nenos e as nenas preguntaron as dúbidas que tiñan e comentaron aquelas cousas que máis lles chamaron a atención, amosando moito interese polas novas aportacións. 



10/12/2019

ESCORNABOTS SOFIA, CLAUDIA E RAI

BO DÍA ! 

Hoxe trouxo Rai o Escornabot, cunha plantilla moi interesante sobre os animais máis típicos de Exipto: o cocodrilo, o falcón, o burro, a serpe,... aproveitamos para xogar con él antes de baixar o patio, e aprender sobre a fauna exipcia. 







A seguinte plantilla que podedes ver é a de Claudia, que fai unhas semanas deleitounos con vivendas de diferentes lugares, traballando así diferentes culturas en base a súa arquitectura, e tamén a lóxica-matemática cas súas instruccións. 




E por último, quérovos ensinar a  plantilla de Sofía, na cal traballaron as bandeiras de diferentes países do mundo con tarxetas identificativas, o pasamos de medo xogando e esquivando os tornados co escornabot !




Moitas grazas pola imaxinación e dedicación familias !

EXIPTO 3D

Os nenos e nenas da aula, estiveron traballando ca profe Lara os xeroglíficos e as personaxes máis destacadas de Exipto (noso proxecto) ca impresora 3D, mirade que "mini mundo" mais bonito estanos a quedar👇






 

U-la-Lúa

Onte a compañía "A Xanela de Maxín" deleitounos coa teatralización do conto U-la Lúa, un conto por e pola igualdade.

Podedes ver a actividade premendo aquí. 

01/12/2019

ENCONTXOS

Esta seman tivemos moitas actividades especiais, por un lado visitounos a profe Irene para lernos o conto "Baby pop"; na encurta do venres vimos o vídeo que fixemos sobre o 25N, contra a violencia de xénero; e, ademáis, o profe Jacob e Lara presentáronnos un experimento "pódese ver o son?" para pechar o mes da ciencia. Tendes todos os enlaces abaixo.






28/11/2019

MAGOSTO

Como sabedes, onte foi a celebración do MAGOSTO na EEI de Barrionovo, onde viñechedes a pasar un ratiño cos vosos nenos e nenas, desfrutando dos talleres, cancións, bailes e a merenda de castañas asadas.
Premendo na seguinte imaxe podedes acceder ó vídeo que fixemos con todas as fotos das aulas. 
Grazas por vir ! 

26/11/2019

NON É NON

Onte, 25 de novembro, foi o día contra a violencia de xénero, un día moi importante pra traballar cos nenos e nenas a importancia do RESPETO e da IGUALDADE entre homes e mulleres, da tolerancia e a cooperación. 
Viñeronnos visitar Silvia Penide e Nati Navaza, podedes ver todo o que fixemos, premendo na seguinte imaxe.






Ademáis na aula estivemos traballando o conto "pequeña & grande " de Simone de Beauvoir, relacionado ca violencia de xénero, e a importancia da igualdade entre homes e mulleres


21/11/2019

Proxecto exipto

Bo día !

Hoxe comezamos a construir o noso rincón do proxecto #MesturArte sobre Exipto. Ademáis, estamos a decorar a nosa porta de aula para adentrarnos por completo no mundo exipcio. Nas imaxes podedes ver ó Deus Ra (deus do ceo e o sol), e as creacións dos nenos e nenas cos seus nomes en xeroglíficos xunto cunha pirámide, cos cales imos decorar o marco da porta. Pronto veredes o resultado!

Invítovos a que investiguedes cos nenos e nenas nas vosas casas, e traiades información a aula, en calquer formato (imaxes, contos, música nun Pendrive, alimentos típicos, vestimenta, grabacións dos nenos explicando...), xa que é moi motivador para eles contarlle o resto dos nenos e nenas o que aprenderon nas casas, construíndo así o proxecto entre todos.


Atelier da ciencia

Onte, os nenos e nenas da aula azul, fumos o FEDELLEIRO a celebrar o mes da ciencia cun atelier de experimentos científicos. Alí atoparon cinco experimentos:



1. Canto vive o plástico? A idea é que os nenos e nenas tomen conciencia da importancia de reducir a utilización do plástico, e de reciclalo e reutilizalo.

2. Vexo, vexo, qué cor ves? neste experimento os nenos e nenas tiñan que comprobar se as hipóteses de mezcla de cores cumplíanse ou non.

3. Flota ou non flota? os nenos e nenas realizaban as súas hipóteses sobre se determinados materiais e obxetos flotaban ou non na auga, para logo comprobalo.

4. Magnetismo: os nenos e nenas puideron comprobar que algúns obxetos da nosa vida cotidiá son magnéticos (clips), e outros non (pedras).

5. Pelota bailarina: seguindo uns pasos os nenos e nenas crearon un experimento no cal puideron observar a maxia das densidades do aire.

19/11/2019

Clave de Sol e clave de Fa visitan Galicia

As nosas amigas viaxeiras remataron a súa primeira parada en Galicia, onde descubrimos o noso folclore e algúns dos nosos instrumentos tradicionais.Para rematar a viaxe, fixemos un obradoiro de instrumentos con material de refugallo.Mentres un grupo exploraba as posibilidades sonoras do "lixo", tras visualizar a curtametraxe "Basuria"; outros puxeronse mans á obra coas catañolas!







13/11/2019

TODAY IS MONDAY

Ms. Katrina voltou e trouxo con ela un novo conto. Estamos convencidas de que, a partir del, os nenos e nenas farán cantidade de actividades divertidas.

Para saber máis, clica na imaxe.


30/10/2019

CHEGOU O SAMAÍN !

O Samaín chegou a Barrionovo, e tivemos disfraces de todo tipo: meigas, esqueletos, paiasos,...
Aquí tendes algunhas imaxes que fumos sacando o longo da mañá 👻👽👿💀😱😱





Podedes ver tamén o vídeo da visita que fixemos o Colexio Galán pra ver as cabazas do Samaín, clikando na seguinte imaxe ! 





E tamén a  poesía-express que fixemos relacionada co Samaín clikando na fotografía do conto "Monstruos patas arriba", e un xogo sensorial terrorífico, pasámolo de medo !👻👻👼👻



28/10/2019

VOZ NATURA

Bo día !

Este ano no taller de arte os nenos e nenas de Barrionovo están a traballar a concienciación do consumo e contaminación dos plásticos no noso planeta, se queredes máis información podedes clikar na imaxe:


23/10/2019

HALLOWEEN

Se queredes ver o ben que o pasan os vosos nenos e nenas con Katrina e Katie, podedes premer aquí

ENCONTXO MÚSICA

Hoxe tamén tivemos unha sorpresa

¡OH! Hervé Tullet

Hoxe estivemos traballando o conto: ¡OH! de Hervé Tullet.

Primero lemos o conto, o cal é moi interactivo, os nenos o pasaron de medo.

Despois fixemos dous grupos, uns traballamos nunha actividade de grafomotricidade creativa cos personaxes do conto (usando os pinceis), e mentres, os outros xogaron a ¡Un juego!, do mesmo autor.

Aquí tedes unhas imaxes:



22/10/2019