A semana pasada tivemos unha actividade intercentros co cole Emilia Pardo Bazán, na cal fixemos unha videollamada para intercambiar experimentos científicos entre os nenos e nenas de ambos colexios.
Os nenos e nenas de 2º EP, do outro cole, nos ensinaron un experimento chamado "o volcán", e nos, os nenos e nenas da aula azul, lles ensinamos un experimento chamado "pódese ver a música"? o cal xa fora presentado na biblioteca por Lara e Jacob uns días atrás.
Podedes velo aquí:
Peche mes da ciencia: Ver a música from biblio BN on Vimeo.
Aproveitando a motivación dos nenos e nenas co experimento que nos ensinaron os do outro cole, probamos a facelo na nosa aula, coa axuda da profe Lara, e coa aportación dalgúns ingredientes que se foron traendo a aula. No seguinte video podedes ver os grandes científicos que son os vosos cativos.
Experimento volcán from biblio BN on Vimeo.
17/12/2019
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
ENTROIDO NO ÁMBITO DE ARTE
Creamos máscaras inspirados na tradición do Entroido Galego, que vén desde o pasado pero sigue vixente no presente.
-
Colares con productos da natureza e cerámica. Os nenos e nenas da aula azul, ensinaron e axudaron a todas as demáis aulas a facer os abalori...
-
Pechamos o ciclo da vida, para volver a empezar. As bolboretas xa puxeron os ovos, que gardaremos ata o ano que vén e veremos como, outra v...
No hay comentarios:
Publicar un comentario