BO DÍA !
Hoxe trouxo Rai o Escornabot, cunha plantilla moi interesante sobre os animais máis típicos de Exipto: o cocodrilo, o falcón, o burro, a serpe,... aproveitamos para xogar con él antes de baixar o patio, e aprender sobre a fauna exipcia.
A seguinte plantilla que podedes ver é a de Claudia, que fai unhas semanas deleitounos con vivendas de diferentes lugares, traballando así diferentes culturas en base a súa arquitectura, e tamén a lóxica-matemática cas súas instruccións.
E por último, quérovos ensinar a plantilla de Sofía, na cal traballaron as bandeiras de diferentes países do mundo con tarxetas identificativas, o pasamos de medo xogando e esquivando os tornados co escornabot !
Moitas grazas pola imaxinación e dedicación familias !
No hay comentarios:
Publicar un comentario