Valeria e Sofía trouxeron ó cole información sobre o noso proxecto #mesturarte, relacionado sobre a vida e cultura dos exipcios.
Valeria aportou estas fantásticas e antigas postais de Exipto, que trouxo seu pai cando foi de neno. Nelas puidemos observar as diferentes personaxes máis coñecidas do Antigo Exipto, como o Deus Ra, Anubis, Isis, a tumba e o sarcófago de Tutankamon... e ademáis todas as pinturas que facían nas paredes, a súa vestimenta, arquitectura, tumbas... encantáronnos 😀
Sofía, por outra parte, trouxo información sobre a alimentación dos exipcios, como podedes ver na imaxe a dieta dos exipcios non é tan diferente da nosa, moitos alimentos forman parte da comida tradicional galega.
Despois da exposición da cada unha delas, os nenos e as nenas preguntaron as dúbidas que tiñan e comentaron aquelas cousas que máis lles chamaron a atención, amosando moito interese polas novas aportacións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario