Alexis trouxonos nova información sobre o proxecto #mesturarte de Exipto.
Por un lado, trouxonos xoias propias de exipto: os brazaletes e os colares decorados con moitas pedras e abalorios.
E, tamén elaborou unha carpeta cos medios de transporte mais característicos dos exipcios: os barcos, góndolas e os camellos. Ademáis, imprimiu as carátulas das películas para nenos e nenas máis destacadas relacionadas co mundo exipcio, entre as cales encóntranse as de Asterix e Obelix.
Con toda esta información imos a crear as nosas propias xoias pra disfrazarnos coma os exipcios, e imos ver un anaquiño dalgunha destas películas.
Moitísimas grazas polo traballo na casa, familia !
O noso recuncho de exipto xa está tomando forma, vos animo a que sigades traendo información para que poidamos traballar novas cousas desta cultura tan interesante.
No hay comentarios:
Publicar un comentario