26/09/2020

BITS 1

 

Ademais os venres é o día da Encurta (curtametraxe). Este venres foi unha moi especial, visitade o blog da biblioBN no seguinte enlace para poder velo!

22/09/2020

CANCIÓNS

 As primeiras cancións que estamos a aprender:

- As mans (rutina de chegada e lavado de mans)

 

 -Paxariña de papel (versión cantada do conto): Para a hora da merenda.

A aula azul ao completo!

Hoxe os dous grupos de nenos e nenas conviveron durante un ratiño e merendamos todos xuntos. 

Algúns xa se coñecían pero outros sorprenderonse coas novas caras. 

Abrimos á porta da nosa aula para que vexades un anaquiño dese momento. Algúns aínda estaban rematando de merendar e outros xa estaban a xogar!

21/09/2020

Tiny Tap: os amig@s da aula Azul

 Se queredes coñecer a todos os nenos e nenas da aula, xogade a este Tiny Tap (só tedes que escoitar e tocar na pantalla para que a diapositiva cambie. Eso sí: SÓ FUNCIONA NUN ORDENADOR!



19/09/2020

Coñecemos ao Escornabot

 Rematamos a semana cun novo amigo na aula:

 o noso robot o ESCORNABOT.

Estamos a aprender como son os seus movementos e a darlle as ordes para chegar ata as imaxes dos amigos da aula.




17/09/2020

Xogamos e aprendemos a convivir na escola

 Nesta primeira semaniña xa aprendimos moitas das normas e xogos que imos facer na escola.

Cada mañá temos unha proposta en mesa, con diferentes materiais ou xoguetes, sobre todo para coñecer o que xa saben facer e observar as destrezas das súas mans.



Despois de xogar un ratiño, recollemos, limpamos a mesa e imos ao baño para logo sentar na asamblea.

Na asamblea cada día miramos que amigos viñeron á escola e cales quedaron na casa, e ademais vemos o tempo que vai. 


Logo é tempo de xogar un pouco máis cos amigos do equipo.



Despois de recoller, precisamos un tempo para recuperar forzas e merendar, pero antes temos que lavar ben as mans.



A merendar!!

E despois de deixar todo ben recollido, xa podemos despedirnos e marchar para casiña!





13/09/2020

Rutinas da aula

Pouco a pouco imos coñecedendo as que serás as nosas rutinas na aula. Estes primeiros días a través dos xogos as iremos coñecendo.

Cando chegamos imos directos ao noso sitio a esperar a que todos os amigos/as rematen de sacar os zapatos e colguen a mochila. Na mesa sempre temos unha proposta de xogo para que a espera sexa o máis amena posible.



Cando xa estamos listos, temos que recoller os materiais e lavar as mans e a mesa. Os materiais que usamos botámolos no contenedor de xoguetes para desinfectar ou poderemos limpalos nós mesmos (dependendo da proposta).

Despois sentamos na asamblea e presentamos as  actividades que faremos alternando os equipos.

Volta a recoller e a prepararnos para despedirnos ata o seguinte día. 

Por certo, nos nosos caseilleiros xa temos as fotos dos peregrinos e peregrinas que fixemos coas nosas familias.


GRACIAS!