17/09/2020

Xogamos e aprendemos a convivir na escola

 Nesta primeira semaniña xa aprendimos moitas das normas e xogos que imos facer na escola.

Cada mañá temos unha proposta en mesa, con diferentes materiais ou xoguetes, sobre todo para coñecer o que xa saben facer e observar as destrezas das súas mans.



Despois de xogar un ratiño, recollemos, limpamos a mesa e imos ao baño para logo sentar na asamblea.

Na asamblea cada día miramos que amigos viñeron á escola e cales quedaron na casa, e ademais vemos o tempo que vai. 


Logo é tempo de xogar un pouco máis cos amigos do equipo.



Despois de recoller, precisamos un tempo para recuperar forzas e merendar, pero antes temos que lavar ben as mans.



A merendar!!

E despois de deixar todo ben recollido, xa podemos despedirnos e marchar para casiña!





No hay comentarios:

Publicar un comentario