29/04/2019

UNHA SEMANA MOI AXETREADA

A semana pasada retomamos as clases, despois das vacacións de Semana Santa, con moitas forzas.
O martes celebramos o Día do Libro coa presentación da actividade "Familias por un tuber" coas recomendacións de lecturas feitas polas familias.
Comezamos visionando a recomendación feita por Valeria Casanova e o seu pai do conto "Orellas de bolboreta".


O mércores realizamos unha saída á Casa das Ciencias na que vimos a proxección de "Fugaz" no Planetario, experimentamos as distintas actividades das salas e vimos aos pitiños na incubadora.


E o xoves e o venres tivemos diferentes encontros nos que falamos da necesidade do coidado e limpeza dos montes para previr os incendios e da importancia das tarefas de reforestación para recuperar eses terreos.



E que mellor forma de pechar a semana que realizando unha saída a Monticaño para poñer en práctica todo o aprendido.

23/04/2019

MONTES CON HISTORIA

Continuamos recibindo información das investigacións realizadas en familia. Neste caso, en relación con montes relevantes de Galicia e, incluso, doutras partes do mundo.

Valeria Pascual (Castro de Troña)


Daniela (Monte das Estacas)


Chlöe (Castelo de Sobroso)



Janat (Monte Toubkal)


21/04/2019

OKUPACIÓN ESCORNABÓTICA: VALERIA PASCUAL

Valeria elaborou coa axuda da súa familia unha plantilla de animais dos montes galegos. Para poder xogar temos que empregar unhas tarxetas nas que están escritos os nomes dos distintos animais, levantamos unha tarxeta e buscamos na plantilla a mesma palabra. Ademais temos que ter coidado de non pasar polas casillas prohibidas.
Moitísimas grazas familia!


11/04/2019

BEBÉ ENCONTXO

Hoxe, na biblioBN, contamos cunha sorpresa moi especial: a profe Lara veu de visita cunha acompañante moi pequeniña.
Despois da lectura do conto "Nai" detrás dun teatro de sombras descubrimos que quenes se atopaban detrás do panel eran Lara e Carmen.
Que ilusión vela! Canto a botábamos de menos.
Moitas grazas profe por esta visita tan máxica!



08/04/2019

AS FAMILIAS CONTAN: PAPÁ DE VALERIA

O venres, na biblioBN, recibimos unha visita moi especial: o pai de Valeria Casanova veunos contar a fermosa historia de "Orellas de bolboreta".
 

Para agradecerlle a súa presenza fixémoslle entrega dun marcapáxinas personalizado feito na impresora 3D e firmou no noso caderno de visitas.
Moitas grazas Quique!


Lembrade que a nosa biblio está aberta ás familias durante todo este mes. Animádevos a participar!

04/04/2019

MES DO LIBRO

Para comezar o mes de abril, o día 2 (Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil) fixemos unha saída á biblioteca de Pastoriza, Miguel Sande, para asistir a unha divertida actividade de animación á lectura.
Ademais, quixemos facer a nosa propia versión do cartel deste ano que ten como lema "Os libros fannos acougar" e elaboramos un vídeo no noso principal espazo de acougo do cole, o tipi do espazo fedelleiro.
Clicando na imaxe podedes ampliar a información.


Chuvisca

 SORPRESA NA AULA: UNHA HISTORIA, ESCOITADA A ESCURAS.... Chuvisca from biblio BN on Vimeo . E AO ENCENDER A LUZ... VOLVEU O PETO!