26/04/2018

AS FAMILIAS SEGUEN CONTANDO

Hoxe contamos coa visita de Lorena, mamá de Rai, quen nos agasallou cun fermoso conto: "Salvaje". Se premedes na imaxe, poderedes saber máis sobre esta historia.

http://bibliobn.blogspot.com.es/2018/04/as-familias-contan-lorena-mama-de-rai.html

Moitas grazas Lorena!

24/04/2018

REPRESENTACIÓN: PEQUENO AZUL E PEQUENO AMARELO

Aquí vos deixamos o vídeo da nosa adaptación do conto "Pequeno azul e pequeno amarelo" para a mesa de luz.
Agardamos que vos guste.


23/04/2018

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO 2018

Comezamos o Día do Libro reivindicando a importancia da lectura co texto de Fran Alonso, titulado "Non leas!", ao que as familias e o alumnado puxéronlle voz.


Unha vez visionado, comezamos cos "festexos" da Semana do Libro en Barrionovo.


Hoxe tocounos aos nenos e nenas do barrio azul representar un conto. O escollido foi "Pequeno azul e pequeno amarelo" que, como sabedes, é un conto que xa temos traballado e que nos encanta. Para contarlles esta historia aos nosos compañeiros de 4 e 5 anos empregamos a mesa de luz.
Clicade na imaxe para saber máis.

http://bibliobn.blogspot.com.es/2018/04/semana-do-libro-luns-alumnado-de-3-anos.html

20/04/2018

AFUNDACIÓN: JORGE CASTILLO. "A VISIÓN DUNHA OBRA"

Por segunda vez neste curso, visitamos Afundación para empaparnos de arte. 
Nesta ocasión, o protagonista da exposición era un artista galego, Jorge Castillo, autor dunhas fermosas obras con moitos segredos ocultos por descubrir.
Encantounos esta visita!

SEGUIMOS CONTANDO

As familias seguen a participar na iniciativa do Mes do Libro e, hoxe, contamos na biblioBN coa visita de Montse, mamá de Daniela e Valeria, quen nos relatou a divertida historia de "No lavar este oso". 
Clicando na imaxe podedes ver máis imaxes deste EncontXo.
Moitísimas grazas Montse!

http://bibliobn.blogspot.com.es/2018/04/as-familias-contan-montse-mama-de.html

19/04/2018

HORTOBN: TOMIÑO

Continuamos actualizando o plano interactivo do noso HortoBN. 
Nesta ocasión, tocoulle o turno ás plantas aromáticas: os nenos/as da aula rosa traballaron a menta, os da aula laranxa, o romeu e na aula azul encargámonos de investigar sobre o tomiño.
O primeiro que fixemos moi plantalo, para iso fixemos un burato na terra, introducimos a planta, botámoslle terra para cubrir ben o oco e, por último, regámolo con auga.


Aquí tedes o vídeo con toda a información.

14/04/2018

PEQUENO AZUL E PEQUENO AMARELO

Esta semana, realizamos o noso traballo coa grafomotricidade creativa empregando un conto fermosísimo titulado "Pequeno azul e pequeno amarelo" o cal serviunos para comprobar que se mesturamos dúas cores, neste caso o azul e o amarelo, obtemos unha nova cor (verde) como resultado.


Unha vez rematada a lectura do conto, manipulamos círculos azuis e amarelos na mesa de luz e observamos como se os xuntamos convértense en verdes.


 A continuación, poñémonos mans á obra neste caso coas témperas.


Finalmente, pasamos todos estes conceptos ao papel.


12/04/2018

AS FAMILIAS CONTAN: PAPÁ DE VALERIA C.

Hoxe, na biblioBN, contamos cunha visita moi especial: Enrique, o pai de Valeria Casanova, veunos contar un fermoso conto titulado "Ratoncita y el Muro Rojo". Estivemos super atent@s a este relato que nos encantou. 

http://bibliobn.blogspot.com.es/2018/04/as-familias-contan-enrique-papa-de.html

Moitísimas grazas por participar, Quique! Agardamos que vos animedes a vir os demais papis e mamis. 
Clicando na imaxe podedes ver o resto de fotografías deste EncontXo.

11/04/2018

SKYPE COA LEOTECA (CANOSA-RUS)

Onte empregamos o Skype para realizar unha videochamada á Leoteca do Ceip Canosa-Rus de Coristanco e explicarlles o funcionamento da mochila viaxeira da "Okupación Escornabótica" e as modificacións realizadas nalgúns escornabots mediante o Arduino.
Así mesmo, eles contáronnos as súas experiencias cos escornabots.

http://bibliobn.blogspot.com.es/2018/04/onde-se-encontran-os-escornabots.html

Foi unha actividade moi enriquecedora. Moitas grazas aos nenos e nenas de Canosa-Rus e as súas mestras!

10/04/2018

TALLER DE MATES: NÚMERO DE PÉ

Hoxe, no taller semanal adicado as mates, comezamos o traballo en relación co marabilloso conto "Crecer" de Eleonora Marton.


Nesta ocasión, descubrimos que os números están por todas partes, incluso nos nosos pés. E por iso, comezamos a investigar o número de pé de cada neno/a.
Primeiro, comparamos a simple vista.


A continuación, buscamos o número que hai en cada zapato. Comprobamos que non sempre aparece no mesmo sitio.


Unha vez feito isto, rexistramos na pizarra-porta do espazo fedelleiro o número de pé de cada un ao lado do noso nome.


Finalmente, comprobamos quen ten o número maior e, polo tanto, o pé máis grande, quen ten o máis pequeno, cantos nenos/as da clase teñen o mesmo número...


09/04/2018

FACÉMONOS GRANDES GRAZAS AOS LIBROS

Aproveitando o lema do Día Internacional do Libro Infantil, "Os libros fan grande ao máis pequeno", quixemos aportar o noso gran de area empregando a técnica do stop motion e do croma.
                                      
Para ampliar esta información e poder ver as fotografías en tamaño grande, clicade na seguinte imaxe.

http://bibliobn.blogspot.com.es/2018/04/os-libros-fan-grande-o-mais-pequeno.html

05/04/2018

INICIAMOS AS ACTIVIDADES DO MES DO LIBRO

Xa estamos en Abril e comezamos coas primeiras actividades en relación co "Mes do Libro". 
Hoxe tivemos unha sesión dobre de contacontos.
Por unha parte, recibimos na escola a unha invitada moi especial, María, a nai de Artai, que nos contou a divertida historia de "Eu non fun".
https://bibliobn.blogspot.com.es/2018/04/as-familias-tamen-contan-maria-mama-de.html

E, máis tarde, fomos nós os visitantes na Biblioteca Miguel Sande de Pastoriza. Alí, Marisa Irimia agasallounos con dous relatos que nos encantaron. 

https://bibliobn.blogspot.com.es/2018/04/visita-biblioteca-municipal-miguel-sande.html

Clicando nas imaxes podedes ampliar o contido destas actividades.
Agardamos que as familias que poidades vos animedes a participar na lectura de contos. Faríanos moitísima ilusión!

03/04/2018

OS NOSOS LUGARES FAVORITOS DE GALICIA (2º TRIMESTRE)

Aquí tedes os vídeos dos lugares favoritos de Galicia escollidos polas familias de Valeria Pascual, Izan e Mateo.
Neste terceiro trimestre, o sobre amarelo continuará viaxando polas casas que faltan.




PARABÉNS ANTÍA