29/01/2020

DÍA DA PAZ

Mañá é o día internacional da paz e da non violencia, polo que hoxe escollimos un dos contos que podedes encontrar na entrada do cole como préstamo para as vosas casas, todos eles relacionados ca paz, a guía a encontraredes na blogue da biblioteca. O conto escollido foi "el oso y la solidaridad", nel móstranse valores como a solidaridade, a cooperación e a importancia de prestar a nosa axuda a quen o necesita sen buscar nada a cambio.



 Despois de ler o conto na asamblea, fixeron un debuxo do que máis lles gustou.




28/01/2020

HORA DO EXPERIMENTO: "a auga que camiña"

Onte, como tódolos luns, tivemos a "hora do experimento". Despois de experimentar co arco da vella, esta semana quixemos traballar as súas cores e cómo se mezclan as cores primarias para poder obter os secundarios co experimento "a auga que camiña".

Con este experimento se traballa:

  1. Pensamento científico.
  2. Mezcla de cores a partir das cores primarias (azul, amarela e vermella) para obter cores secundarias.
  3. Capilaridade da auga.

Foi un experimento que causou moita sensación entre os nenos e nenas, é moi simple de facer, invítovos a que o fagades con eles nas casas, so necesitades estos materiais:

  • 7 vasos de plástico transparentes (a poder ser reutilizados)
  • colorantes de repostería azul, amarelo e vermello
  • auga
  • papel de cociña absorbente
Podedes ver o proceso nos seguintes vídeos. 


Experimento el agua que camina from biblio BN on Vimeo.
Experimento el agua que camina from biblio BN on Vimeo.

24/01/2020

DESFILE EXIPTO FIN DE PROXECTO

Hoxe puxemos fin o noso proxecto sobre Exipto cun desfile polas aulas de 3 e 4 anos disfrazados de exipcios e exipcias, no cal bailamos a canción "La momia del faraón". Podedes ver o ben que o pasaron os nen@s e as gañas que lle puxeron.




Son uns verdadeiros artistas !

(En poucos días dará comezo o novo proxecto... cal será o próximo destino?...). 



Desfile egipcio from biblio BN on Vimeo.

LUPO

O martes tivemos a inmensa sorte de contar na escola coa presenza dos arquitectos Patricia e Fermín de Lupo.
Pola mañá levaron a cabo un obradoiro cos nenos e nenas nos que lles explicaron o funcionamento do sistema Lupo. Nel puidemos tocar, experimentar, xogar e tamén aprender, nen@s e mestras, distintas aplicacións didácticas deste sistema.





Pola tarde, as mestras levamos a cabo unha xornada de formación na que, xuntos, puxemos os alicerces dunha remodelación do noso patio, na que invertiremos o premio outorgado polo Programa Voz Natura. O potencial pedagóxico do espazo exterior, a naturalización do contorno e a posibilidade de que o alumnado teña capscidade para se mover de xeito san e seguro, estiveron moi presentes en todo momento.

22/01/2020

MAQUETA EXIPTO #mesturarte

Familias, xa estamos a rematar o proxecto de Exipto, estas duas semanas estamos dando as últimas pinceladas o noso proxecto, e queremos compartir con todos vos esta MAQUETA que resume parte do que fumos aprendendo sobre Exipto e a sua cultura.

Menuda artistada !


maqueta EXIPTO from biblio BN on Vimeo.

21/01/2020

HORA DO EXPERIMENTO: O arco da vella

Onte, como tódolos luns, tivemos  a Hora do experimento, esta semá o fixemos sobre o arco da vella.
Comezamos lendo un conto no cal se explica a historia do arco da vella de forma lúdica, para pasar posteriormente a realización do experimento, o cal o podedes ver no seguinte vídeo.




Hora do experimento arco da Vella from biblio BN on Vimeo.

16/01/2020

VESTIMENTA EXIPCIA

Seguimos elaborando o noso disfraz de exipcios e exipcias. 
Se facemos un repaso xa temos os colares, brazaletes e tocados (diademas) exipcios elaborados.
Pois esta semana estivemos a confeccionar os traxes

Para facelos seguimos unha serie de pasos moi rigurosos:
1- Elixir a tela que máis nos gusta. 
2- Medir a nosa cintura cunha cinta métrica. 
3- Facer o patrón cas medidas. 
4- Recortar o patrón.

Podedes ver o proceso no seguinte video, e para ver o resultado final teredes que esperar un anaquiño... 😀


Disfraces egipcios from biblio BN on Vimeo.

14/01/2020

HORA DO EXPERIMENTO

A partir deste segundo trimestre, todos os luns imos facer un experimento, coa finalidade de acercar os nenos e nenas o método científico:
1- Observación
2- Hipótese
3- Experimentación

Este luns fixemos o experimento "neve con pañales", aproveitando o comezo da estación do INVERNO.

Podedes ver como foi a nosa aventura no seguinte vídeo.


Experimento nieve from biblio BN on Vimeo.

09/01/2020

Taller tocados exipcios

Seguimos confeccionando o noso disfraz de exipcios. Xa tiñamos os colares e os brazaletes exipcios rematados antes das vacacións de Nadal, e hoxe comezamos a elaborar os nosos tocados. Podedes ver o ben que estan a quedar no seguinte video. No futuro, máis e mellor !

Taller tocados egipcios from biblio BN on Vimeo.

08/01/2020

Voltamos o cole

Hoxe compartimos todas as nosas  experiencias do Nadal na asamblea, e despois debuxamos  o que mais nos gustou  como podedes ver nas imaxes