28/01/2020

HORA DO EXPERIMENTO: "a auga que camiña"

Onte, como tódolos luns, tivemos a "hora do experimento". Despois de experimentar co arco da vella, esta semana quixemos traballar as súas cores e cómo se mezclan as cores primarias para poder obter os secundarios co experimento "a auga que camiña".

Con este experimento se traballa:

  1. Pensamento científico.
  2. Mezcla de cores a partir das cores primarias (azul, amarela e vermella) para obter cores secundarias.
  3. Capilaridade da auga.

Foi un experimento que causou moita sensación entre os nenos e nenas, é moi simple de facer, invítovos a que o fagades con eles nas casas, so necesitades estos materiais:

  • 7 vasos de plástico transparentes (a poder ser reutilizados)
  • colorantes de repostería azul, amarelo e vermello
  • auga
  • papel de cociña absorbente
Podedes ver o proceso nos seguintes vídeos. 


Experimento el agua que camina from biblio BN on Vimeo.
Experimento el agua que camina from biblio BN on Vimeo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

BROCHETAS DE FORMAS XEOMÉTRICAS