24/01/2020

LUPO

O martes tivemos a inmensa sorte de contar na escola coa presenza dos arquitectos Patricia e Fermín de Lupo.
Pola mañá levaron a cabo un obradoiro cos nenos e nenas nos que lles explicaron o funcionamento do sistema Lupo. Nel puidemos tocar, experimentar, xogar e tamén aprender, nen@s e mestras, distintas aplicacións didácticas deste sistema.





Pola tarde, as mestras levamos a cabo unha xornada de formación na que, xuntos, puxemos os alicerces dunha remodelación do noso patio, na que invertiremos o premio outorgado polo Programa Voz Natura. O potencial pedagóxico do espazo exterior, a naturalización do contorno e a posibilidade de que o alumnado teña capscidade para se mover de xeito san e seguro, estiveron moi presentes en todo momento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

BROCHETAS DE FORMAS XEOMÉTRICAS