29/09/2018

The napping house




Benqueridos e benqueridas,

Cóntanos Katrina que durante esta semana nas clases de inglés continuáronse a introducir as rutinas que se levarán a cabo ao inicio e final de cada sesión durante todo o curso.

Coas rutinas achegamos á aula accións e conceptos importantes xa que impregnan a realidade da lingua, son de utilidade e de uso frecuente e están relacionados coa experiencia directa e as necesidades habituais das persoas,

Esta vez tocoulle o turno ao tempo atmosférico e ao descanso.

O fío condutor para contextualizar o traballo foron o conto The Napping House e a canción Twinkle, Twinkle, Little Star que vos deixamos aquí por se queredes botar un ollo. 

ENJOY!




ABRACADABRA, ABRACADIMAGIC FOR YOU AND MAGIC FOR ME!!

25/09/2018

POESÍA EXPRESS: O ARCO DA VELLA

Hoxe, os nenos e nenas de 4 anos fomos os encargados de representar a poesía express do día e, para iso, escollemos un poema de Manuel María titulado "O arco da vella". Empregando a técnica do stop motion fixemos unha montaxe coas nosas voces.
Aquí tedes o resultado!


Para saber máis clicade na seguinte imaxe.

http://bibliobn.blogspot.com/2018/09/martes-poesia-express-o-arco-da-vella.html

O PRIMEIRO ANIVERSARIO DO CURSO!

Hoxe celebramos o cumple de Valeria Casanova que xa ten 4 anos.
Parabéns Valeria!


21/09/2018

KATRINA ARRIVES TO BARRIONOVO!!

ESTE CURSO CHEGOU A ESCOLA UNHA MESTRA BASTANTE PECULIAR. O SEU NOME É KATRINA. RECOÑECERÉDELA POLO SEU GORRO DE FLORES E A SÚA VARITA MÁXICA. DO SEU ENORME BOLSO SAEN TODO TIPO DE SORPRESAS, DENDE ANIMAIS, ATE OBXECTOS VARIOPINTOS, CONTOS OU CANCIÓNS.

O SEU INSEPARABLE AMIGO MONKEY ACOMPÁÑAA ALÍ ONDE VAI.

KATRINA E MONKEY TEÑEN UN SEGREDO: SÓ SE COMUNICAN EN INGLÉS.

O SEU COMETIDO É MOI PARTICULAR: DESPERTAR O AMOR E A CURIOSIDADE CARA A LINGUA E CULTURA INGLESAS NO ALUMNADO DE BARRIONOVO DURANTE 3 HORAS SEMANAIS.


A TRAVÉS DO BLOGUE DE AULA KATRINA IRÁ ACTUALIZANDO PERIÓDICAMENTE AQUILO QUE FAI COS NENOS E NENAS. DESTE XEITO, AS FAMILIAS PODEREDES COÑECER ALGUNS DOS RECURSOS QUE ELA EMPREGA, COMO SON OS CONTOS E AS CANCIÓNS.

CÓNTANOS KATRINA QUE NOS ÚLTIMOS DÍAS, MEDIANTE XOGOS, ESTIVÉRONSE A INTRODUCIR AS RUTINAS QUE SE LEVARAN A CABO NO INICIO DE CADA SESIÓN: O SAÚDO E A DESPEDIDA, A PRESENTACIÓN E FÓRMULAS DE CORTESÍA.

TAMÉN SE REPASARON OS NÚMEROS PARA PODER PASAR LISTA @S COMPAÑEIR@S.
PARA ISTO LERON E DRAMATIZARON O CONTO "FIVE LITTLE DUCKS" E CANTARON A CANCIÓN CO MESMO NOME.


ESTADE BEN ATENT@S QUE PRÓXIMAMENTE VOS CONTAREMOS MÁIS...

ABRACADABRA, ABRACADIMAGIC FOR YOU AND MAGIC FOR ME!!

20/09/2018

AS NOSAS CIDADES DE CORES

Esta semana, na sesión adicada á grafomotricidade creativa, traballamos co conto "Las ciudades de colores" de María Bautista Sánchez. 


Unha vez rematada a lectura do conto, puxémonos mans á obra para crear as nosas propias cidades de cores empregando as acuarelas.
Quedáronnos unhas cidades fermosísimas! 




18/09/2018

"ÁLBUM DE BESOS, SOMBRAS DE MARIPOSAS"

Inauguramos a temporada de poesía express cunha greguería de Ramón Gómez de la Serna asociada a unha poesía visual de Chema Madoz.


Unha vez rematada a actividade, voltamos á aula onde reflexionamos e debatimos sobre esta poesía visual e, a continuación, representamos no papel a noso propio "álbum de besos, sombras de mariposas".

17/09/2018

NOVAS RUTINAS

Nestes primeiros días estivemos preparando todos os materiais necesarios para adaptar as nosas rutinas e materiais da aula en relación co novo proxecto: #somosdemonte.
O primeiro que fixemos foi colocar as novas etiquetas para os percheiros e preparar as rutinas para pasar lista.
Para realizar as etiquetas dos percheiros, eliximos cada un unha folla e escribímoslle enriba o noso nome. Unha vez feito isto, a profe plastificounas e pegounas nos percheiros. 

Para pasar lista este curso imos empregar un sistema moi orixinal, cada neno/a será unha pedriña que previamente elixiu e á que lle escribiu o seu nome, o encargado irá sacando da caixiña cada pedra e intentará descifrar o nome do compañeiro/a. Colocaremos dentro da caixa as pedras cos nomes dos nenos/as que están no cole, e deixaremos fóra (na tapa) as pedras dos que non viñeron.


13/09/2018

#SOMOSDEMONTE

Clicando na imaxe poderedes acceder a toda a información relacionada coas actividades que realizamos durante o primeiro día de escola. Unha experiencia multisensorial coa que iniciamos a nosa andaina no novo proxecto deste curso: #somosdemonte. 

http://bibliobn.blogspot.com/2018/09/a-bibliobn-presenta-somosdemonte.html