28/12/2018

FESTIVAL DE NADAL

Clicando na seguinte imaxe poderedes acceder a todos os vídeos das actuacións do festival de Nadal.
Que pasedes unhas felices festas! Vémonos á volta!

http://aeeidebarrionovo.blogspot.com/2018/12/festival-nadal-2018.html

20/12/2018

THE GINGERBREAD MAN

DURANTE ESTAS ÚLTIMAS SEMANAS, NAS CLASES DE INGLÉS, KATRINA E OS NENOS E NENAS, ESTIVERON A TRABALLAR CUN LIBRO CHAMADO THE GINGERBREAD MAN, UNHA FÁBULA INGLESA TRADICIONALMENTE RELACIONADA COA FESTIVIDADE DO NADAL.



ADEMAIS DE LER O CONTO, VER O VÍDEO E ESCOITAR A CANCIÓN DE THE GINGERBREAD MAN, OS NENOS E NENAS APRENDERON VOCABULARIO XOGANDO CO ESCORNABOT, CUNHA NOVA PLANTILLA RELACIONADA CON ESTA HISTORIA.





POSTERIORMENTE, REALIZARON UNHA MANUALIDADE NA QUE TIÑAN QUE SELECCIONAR OS INGREDIENTES DA RECEITA E DECORAR O GINGERBREAD MAN.



POR ÚLTIMO, COMO COLOFÓN DESTA UNIDADE E SORPRESA DE NADAL, COCIÑARON NO FEDELLEIRO UNHAS DELICIOSAS GALLETAS DE XENXIBRE. OS MOLDES EMPREGADOS FABRICÁRONSE ESPECÍFICAMENTE PARA A OCASIÓN COA NOSA IMPRESORA 3D. OS DESEÑOS FORON TIRADOS DA PÁXINA THINGIVERSE.



A CADA ALUMNA E ALUMNO AGASALLÓUSELLE UN MOLDE REALIZADO NA IMPRESORA 3D QUE XUNTO COA RECEITA, LEVARON PARA CASA PARA QUE POIDADES VOLVER COCIÑAR OS GINGERBREAD MEN DE NOVO.


Untitled from biblio BN on Vimeo.

ABRACADABRA, ABRACADI
MAGIC FOR YOU AND MAGIC FOR ME!!

O PETO

Xa rematamos a investigación sobre o peto e, do mesmo xeito que co raposo, elaboramos dous murais.
-Un con toda a información relevante deste animal


-E outro coa súa silueta



18/12/2018

OKUPACIÓN ESCORNABÓTICA: SOFÍA

O escornabot pasou uns días na casa de Sofía e volveu ao barrio azul cun precioso xogo que elaborou coa axuda da súa nai.
O xogo titúlase "Devolve o peixe ao seu río" e consiste en pescar un peixe dos que se atopan dentro da caixiña e mirar que número ten, a continuación, buscamos na plantilla o río que ten ese número e levamos ao escornabot ata a casilla correspondente.


É un xogo divertidisímo e moi orixinal co que imos coñecendo ríos que pasan polos nosos montes.
Moitísimas grazas polo voso traballo!

12/12/2018

GRAFOMOTRICIDADE CREATIVA

A semana pasada estivemos traballando a grafomotricidade cunha actividade que consistía en pegar tiras de cinta de carrocero nun folio A3 e, a continuación, nos ocos que quedan libres facer diferentes trazos (liñas horizontais, verticais, equis, formas xeométricas...)
Deste xeito, melloramos a nosa motricidade fina e desenvolvemos a creatividade.


10/12/2018

ÁRBORES: JANAT Y GAD

Seguimos aprendendo cousas novas das árbores grazas a Gad e Janat. Neste caso, falamos do olivo e do castiñeiro.
Moitas grazas polo voso traballo familias!



08/12/2018

OBRADOIRO DE NADAL

Coa chegada do mes de decembro comezan os preparativos e a decoración navideña na nosa escola. Por iso, o mércores tiñamos unha sorpresa agardándonos no espazo fedelleiro: unha instalación con luces de cores e unhas mesas preparadas con todo tipo de materiais para crear (botóns, chapas, pompóns, cartóns, limpapipas, témperas...).


Antes de elaborar os nosos adornos, empezamos por observar e reflexionar para que poderían servir todas esas cousas e, despois de dar diferentes ideas, chegamos á conclusión de que con elas podíamos crear adornos para a árbore que vai estar situada na entrada.


Este obradoiro seguirá funcionando durante estas semanas para que tod@s vaiamos facendo as nosas propias creacións.

06/12/2018

OKUPACIÓN ESCORNABÓTICA: CLAUDIA

O escornabot pasou uns días na casa de Claudia e volveu ao cole cunha plantilla nova coa que estivemos xogando e aprendendo a identificar follas de diferentes árbores. 
O xogo consiste en tirar o dado e buscar a casilla co número correspondente, unha vez atopado, intentamos adiviñar de que árbore procede esta folla. Se temos dúbidas, levantamos a solapa e lemos o nome da árbore.
Pásamolo xenial xogando! Moitas grazas á familia de Claudia!



02/12/2018

ATOPAMOS NOVAS PEGADAS

Esta semana, na aula azul, apareceron novas pegadas e unha carta cunha foto dun paxaro chamado Picidae que nos propoñía un xogo para intentar adiviñar que especie de ave era.
Só vendo a foto, rapidamente soubemos que se trataba dun peto e, como queriamos ampliar a información, subimos á biblioBN para atopar fondos que nos puideran axudar na nosa investigación.
Despois, na clase, iremos completando un mural con toda a información relevante deste animal.


Chuvisca

 SORPRESA NA AULA: UNHA HISTORIA, ESCOITADA A ESCURAS.... Chuvisca from biblio BN on Vimeo . E AO ENCENDER A LUZ... VOLVEU O PETO!