30/01/2019

ENCONTXO: DIA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

Hoxe para celebrar o Día da Paz, ademais de deleitarnos coa fermosa lectura do conto "A meniña furacán e o meniño esponxa" da editorial Algar, inauguramos un novo recuncho no patio. Este será un espazo de resolución de conflitos no que haberá momento para falar e para escoitar e conseguir chegar a un acordo.
Se queredes saber como vai a funcionar, premede na seguinte imaxe.

http://bibliobn.blogspot.com/2019/01/encontxo-dia-da-paz.html

Hoxe foi un día moi completo no que tamén conmemoramos o Día da Ilustración para celebrar o aniversario do nacemento de Castelao. Aproveitando unha das súas láminas relacionada co monte, elaboramos un croma e fixemos a nosa versión desta ilustración empregando rotuladores fluorescentes.



28/01/2019

ENCONTXO FORESTAL

Neste segundo trimestre, para reiniciar o traballo en relación co proxecto, tivo lugar no espazo fedelleiro un encontXo no que, ademais de escoitar a preciosa historia "En el bosque del perezoso", puidemos apreciar esta fermosa instalación.

http://bibliobn.blogspot.com/2019/01/encontxo-forestal.html

Como vedes, nesta instalación aparecen dúas palabras moi relacionadas cos montes que non coñeciamos e, por iso, decidimos poñernos mans á obra.
Subimos á biblioBN para buscar ditas palabras no dicionario. Grazas a marabillosa axuda dos nenos e nenas de 5 anos que nos deixaron algunha pista atopámolas facilmente.

Unha vez que xa sabiamos o significado destas palabras, puxémonos a pensar con que fotografía de Chema Madoz, das que temos nas escaleiras, podería estar relacionada a palabra "deforestación". E esta foi a imaxe evocadora: unha hacha feita de madeira.


Xa na aula, completamos unha ficha coa palabra, a defición persoal de cada neno ou nena e a representación gráfica.


E, para finalizar, en colaboración coas amigas/os da aula rosa, colocamos a palabra debaixo da imaxe correspondente.


25/01/2019

OKUPACIÓN ESCORNABÓTICA: GAD

A mochila do escornabot continua viaxando polas casas das nenas e nenos da aula azul.
Nesta ocasión, tocoulle a Gad ser o afortunado en pasar uns días disfrutando co contido da mesma. Ademais, grazas a axuda da súa familia, elaborou unha nova plantilla relacionada co proxecto.
Moitas grazas pola vosa colaboración!

SILLY SALLY

CÓNTANOS KATRINA QUE DURANTE AS ÚLTIMAS SEMANAS, NAS SESIÓNS DE INGLÉS, OS NENOS E NENAS ESTIVERON A TRABALLAR CO CONTO SILLY SALLY.


TODO XURDIU A RAIZ DUNHA PROPOSTA DE POESÍA EXPRESS ESCORNABÓTICA QUE KATRINA LEVOU A CABO UN MARTES NA BIBLIO BN. PODÉDELA VER PREMENDO AQUÍ.

ASÍ, OS NENOS E NENAS LERON O CONTO, E PRACTICARON A CANCIÓN QUE DRAMATIZARÍAN DESPOIS CON MÁSCARAS CREADAS POR SÍ MESM@S.


O VOCABULARIO A TRABALLAR ESTIVO RELACIONADO CON ANIMAIS E ACCIÓNS, ALGO QUE SERÁ A TÓNICA DOS VINDEIROS CONTOS. ESTADE ATENT@S!

ABRACADABRA, ABRACADI

MAGIC FOR YOU AND MAGIC FOR ME!!

23/01/2019

ENCONTRO: MAR BENEGAS

Onte, na biblioBN, recibimos unha visita moi especial. A escritora, Mar Benegas fíxonos pasar un rato moi divertido e interesante coa dramatización de diferentes historias nas que nos fixo partícipes. Quedamos con ganas de máis.
Premendo na imaxe podedes ampliar a información.

http://bibliobn.blogspot.com/2019/01/mar-benegas-visita-bibliobn.html

17/01/2019

ENCONTRO: #SOMOSDEMONTE

O mércores realizamos un encontro para poñer en común toda a información traballada ao longo do primeiro trimestre.
No caso da nosa aula, falamos do raposo, do peto e do furón e tamén da serra dos Ancares e da serra do Xurés.
Foi unha actividade super interesante e coa que aprendemos un montón grazas aos compañeiros/as da aula laranxa e da aula rosa. Clicando na imaxe poderedes acceder a toda a información.

http://bibliobn.blogspot.com/2019/01/encontro-1-trimestre.html

16/01/2019

"MIÉRCOLES" ANNE BERTIER

Na sesión semanal adicada á grafomotricidade creativa, traballamos cun fermoso conto no que o redondelito laranxa e o gran cadrado azul xogan a converterse en diferentes obxectos.


Nós decidimos recrear algunhas das páxinas do conto e, empregando gomets e tesoiras, creamos bolboretas azuis e laranxas.


E tamén unha flor á que lle debuxamos o talo e os pétalos con témpera e pincel. 

15/01/2019

PARABÉNS GAD

Gad é o primero da clase en cumplir 5 anos. Hoxe celebramos o seu aniversario cun riquísimo biscoito feito na casa.
Que cumplas moitos  máis!


13/01/2019

ÁRBORES: ALEXIS

A árbore escollida por Alexis foi a figueira, a cal nos serviu para aprender a diferencia entre árbores de folla caduca, que perden as follas no outono e no inverno (como é o caso da figueira), e árbores de folla perenne aos que non lles caen as follas.
Moitas grazas polo traballo!

11/01/2019

O PEIZOQUE ROQUE

Esta semana a Poesía Express descubriunos unha nova especie de ave: o peizoque, e serviunos para pescudar palabras relacionadas co monte. Clicando na seguinte imaxe, accededes ao blogue da biblioBN para ver actividade.

http://bibliobn.blogspot.com/2019/01/martes-poesia-express-o-peizoque-roque.html

Despois de escoitar a poesía e, xa na aula, cada neno/a pensou nunha palabra e despois, cos cuños de letras de imprenta e a tinta, estampamos a palabra sobre o peizoque que previamente perfilamos e coloreamos.


10/01/2019

MAGIC WAND IS MISSING!!

ANTES DAS VACACIÓNS, NA CLASE DE INGLÉS HOUBO UN GRAVE PROBLEMA: A TAN QUERIDA VARIÑA MÁXICA DE KATRINA, MAGIC WAND, DESAPAREU DA BOLSA.
SEN ELA, NON É POSIBLE FACER MAXIA, COMO FACER APARECER A MONKEY, CONTOS NOVOS, MATERIAL PARA XOGAR OU NOVAS PLANTILLAS PARA O ESCORNABOT.

O TEMA ERA SERIO, ASÍ QUE TODAS E TODOS PUXÉRONSE MANS Á OBRA:

EN PRIMEIRO LUGAR TRATARON DE ATOPAR A MAGIC WAND. PARA ISO DEBUXÁRONA TAL E COMO A LEMBRABAN E FIXERON CARTACES COA PALABRA "MISSING" (DESAPARECIDA) QUE PEGARON POR TODA A ESCOLA.

COMO NON A ATOPABAN, DECIDIRON CREAR UNHA NOVA VARIÑA. 

PENSARON EN DIFERENTES SOLUCIÓNS, A PRIMEIRA FOI A PLASTILINA, MAIS, DESPOIS DE VARIOS INTENTOS, DECATÁRONSE DE QUE OS RESULTADOS ERAN POUCO RESISTENTES, AS VARIÑAS NON FUNCIONABAN E DESFACÍANSE CON FACILIDADE.

FINALMENTE TIVERON A GRAN IDEA DE CREAR UNHA NOVA E IMPRIMILA EN 3D.

DESEÑÁRONA ELAS E ELES MESMOS EMPREGANDO O PROGRAMA ONLINE TINKERCAD E IMPRIMÍRONA NA IMPRESORA 3D QUE TEMOS NO FEDELLEIRO.

ESTA SEMANA APARECEU NA BOLSA DE KATRINA DE NOVO E PUIDERON, POR FIN, FACER APARECER A MONKEY, NOVAS HISTORIAS E XOGOS FASCINANTES.



ABRACADABRA, ABRACADI
MAGIC FOR YOU AND MAGIC FOR ME!!

08/01/2019

PEGADAS DE FURÓN

Antes das vacacións de Nadal, un novo animaliño apareceu pola nosa clase deixándonos as súas pegadas e unha carta para invitarnos a investigar.
Como nas anteriores ocasións, puxémonos mans á obra e comezamos a elaborar un mural con toda a información que consideramos máis relevante.
Grazas a nosa investigación descubrimos algo moi curioso sobre este animal e é que o furón, antigamente, era un animal salvaxe ao cal se lle chama turón e, co paso dos anos, os humanos foron domesticándoo e converteuse no animal que agora todos coñecemos como furón e que algunha xente ten na casa como mascota.



10 filliños do PETO

 O conto CHUVISCA, presentounos aos 4 fillos da mamá páxaro, e que xuntos forman a familia das VOGAIS. E hoxe por fin coñecimos á familia do...