Mostrando entradas con la etiqueta IGLÚS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta IGLÚS. Mostrar todas las entradas

18/02/2020

IDEAS PREVIAS IGLÚS

Seguimos co proxecto "IGLÚS" debuxando as ideas previas que temos deles.
Estes son algúns dos resultados:







08/02/2020

OS IGLÚS


Aquí tedes as dúas preguntas que lle fixen os nenos e nenas o venres antes de comezar o proxecto, e que son claves para poder arrancalo. QUE SABEDES SOBRE OS IGLUS, E QUE QUEREDES SABER?
É moi importante ter en conta os intereses dos nenos e nenas cando se fai un proxecto de investigación. Así que, partindo destas preguntas podedes comezar a investigar con eles e ir respondendo as preguntas traendo información ao cole.


04/02/2020

NOVO PROXECTO #MesturArte !! IGLÚS

Bo día ! Hoxe, martes 4 de febreiro, decidimos comezar un proxecto novo de investigación, xa que xa temos terminada nosa investigación sobre Exipto e as pirámides.

Anímovos a que participedes durante o proxecto traendo información sobre o tema que imos abordar, xa que é a mellor forma de que os nenos e nenas leven unha aprendizaxe máis motivadora e significativa. Podedes traer información sobre como son os iglús, canto miden, con que se constrúen, cal é o procedimento, as ferramentas que se usan, quen vive neles, onde podemos atopalos, como é o clima, a flora e a fauna, se pescan, cazan ou recolectan comida, os deportes máis destacados, os xogos populares, a música e vestimenta típica, as comidas máis coñecidas, o idioma, cultura artística (pintura, escritura, escultura)... o que se vos ocurra !
Recordade que tedes as portas da aula azul abertas sempre que queirades vir a contar algo sobre o proxecto, traer unha maqueta, un collage, un conto, un disfraz, algún moneco... darlle un pouco de imaxinación e seguro que se vos ocorre algo !  

Podedes ver como  escollimos a casa no seguinte vídeo:




Novo proxecto iglú from biblio BN on Vimeo.
OS IGLÚS

Investigamos as BOLBORETAS

 As nosas eirugas de SEDA e MACAÓN seguen a medrar, pero queremos saber máis sobre as BOLBORETAS!!! Atopamos fondos na BiblioBn e  buscamos ...