Bo día ! Hoxe, martes 4 de febreiro, decidimos comezar un proxecto novo de investigación, xa que xa temos terminada nosa investigación sobre Exipto e as pirámides.
Anímovos a que participedes durante o proxecto traendo información sobre o tema que imos abordar, xa que é a mellor forma de que os nenos e nenas leven unha aprendizaxe máis motivadora e significativa. Podedes traer información sobre como son os iglús, canto miden, con que se constrúen, cal é o procedimento, as ferramentas que se usan, quen vive neles, onde podemos atopalos, como é o clima, a flora e a fauna, se pescan, cazan ou recolectan comida, os deportes máis destacados, os xogos populares, a música e vestimenta típica, as comidas máis coñecidas, o idioma, cultura artística (pintura, escritura, escultura)... o que se vos ocurra !
Recordade que tedes as portas da aula azul abertas sempre que queirades vir a contar algo sobre o proxecto, traer unha maqueta, un collage, un conto, un disfraz, algún moneco... darlle un pouco de imaxinación e seguro que se vos ocorre algo !
Podedes ver como escollimos a casa no seguinte vídeo:
Novo proxecto iglú from biblio BN on Vimeo.
OS IGLÚS
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
E DESPOIS DO CONTO...
Despois de ver o conto, recordalo na clase e visionar este vídeo... Toca decidir cal nos gustaría investigar en primeiro lugar, e como para...
-
Arrincan as investigacións! Presentamos o proxecto cunha actividade conxunta na BiblioBn na que presentamos un conto evocador, SUPERMAMÁS, a...
-
ESTE CURSO ESTREAMOS AULA E ÁMBITO C ompartiremos espazo co ámbito lóxico matemático no cal traballaremos arredor do desenvolvemento do p...
-
Neste segundo trimestre, para reiniciar o traballo en relación co proxecto, tivo lugar no espazo fedelleiro un encontXo no que, ademais de ...
No hay comentarios:
Publicar un comentario