30/11/2018

POSTAIS SOLIDARIAS

Como vimos facendo nos últimos anos, colaboramos co Centro Comercial Aberto de Arteixo na súa campaña por UN NADAL SOLIDARIO.
 Nela participamos os centro educativos e veciños, decorando postais que se expoñerán nos comercios para que o público e as familias as recollan a cambio de alimentos non perecedoiros. Ademáis por cada postal recollida Arteixo CCA donará 0,15 € a Cáritas para a compra de alimentos frescos.

Como este ano estamos co proxecto #somosdemonte, a decoración das nosas postais a fixemos cun elemento natural moi noso: unha rama de piñerio, e con papeis troquelados.

O primerio que fixemos foi escribir o noso nome, clase e o nome do centro.


Despois pintamos o fondo da postal utilizando a rama do piñeiro como un pincel.


Por último, troquelamos papeis diferentes e os pegamos libremente polo fondo.

THE HAUNTED HOUSE

Despois de pasar un Samaín de medo e de facer un EncontXo de teatro de sombras baseado nun libro titulado "THE HAUNTED HOUSE", no taller de arte fixemos a nosa interpretación das ilustracións do conto.

Así, entre todos os nenos e nenas do centro elaboramos as nosas propias ilustracións dándolle volta ás sobras e aos cores.

Empezamos recordando o argumento do conto, recopilando as figuras que utilizaron no teatro de sompras e facendo unha secuencia cos personaxes.

Por último ordenamos as ilustracións seguindo o argumento do conto e pintamos por riba das plantillas con axuda de rolos e esponxas.

29/11/2018

A SILUETA DO RAPOSO

Para rematar o traballo sobre o raposo, elaboramos un mural empregando esponxas e temperas.


A sorpresa foi que, ao quitar o debuxo do raposo, descubrimos a súa silueta.


Esta vainos servir para crear máis adiante unha actividade co Aurasma. Estade atent@s!

CHLÖE XA TEN 4 ANOS!

O martes, no barrio azul, celebramos o aniversario de Chlöe. Que cumplas moitos máis!


24/11/2018

ENCONTRO: DÍA DA MÚSICA

O xoves, día 22 de novembro, celebramos o Día da Música cun encontro moi especial no espazo fedelleiro.
Clicando na imaxe podedes acceder aos vídeos e fotos desta actividade.




21/11/2018

OS OLLOS DA CHUVIA

Aproveitando a poesía express desta semana, levamos a cabo unha actividade artística empregando tinta de diferentes cores e goteros.

http://bibliobn.blogspot.com/2018/11/martes-poesia-express.html

Primeiro, fixemos un debuxo nun papel de esbozo empregando un rotulador negro e despois co gotero deixamos caer sobre el gotas de cores.



20/11/2018

PRIMEIROS TRABALLOS DAS ÁRBORES

Xa van chegando os traballos que enviamos para casa relacionados co proxecto deste curso: #somosdemonte.


De momento, as árbores elixidas por Sofía, Erik, Rai, Claudia e Valeria Casanova foron o castiñeiro, a figueira, a cerdeira e o carballo e aprendemos cousas como que a madeira do carballo é moi boa, que a cerdeira procede do Xapón ou que a figueira foi unha das primeiras árbores cultivadas polo home e na Roma Antiga era considerada sagrada.


Moitas grazas polo voso traballo familias!

19/11/2018

NO MES DA CIENCIA...EXPERIMENTAMOS

O luns, Truco deixounos no seu baúl uns materiais un pouco estraños que acabamos deducindo que serían para levar a cabo un experimento, xa que dentro estaba o cadro de rexistro para os experimentos que nos deixara Celsa Ferrín na súa visita á biblioBN. 
O primeiro que fixemos, seguindo os pasos do pensamento científico, foi observar e comprobamos que tiñamos todos estes materiais: 2 macetas, 2 pratos, terra, 1 regadeira, 1 pala, 1 bolsiña con lentellas e un brick de zume de laranxa.


A continuación, elaboramos hipóteses sobre o que pensamos que pode ocurrir.


Unha vez realizado e xa que este non é dos experimentos que teñen unha resolución inmediata, só nos queda ter paciencia e agardar. Todos os días seguiremos regando as dúas macetas, unha con auga e a outra con zume. 
Estade atent@s para comprobar os resultados.


Para deixar constancia de todo isto, completamos o lapbook que nos deixou Celsa rexistrando os materiais que precisamos e as hipóteses que xurdiron.


15/11/2018

CELEBRAMOS O MAGOSTO

Que ben o pasamos na festa do Magosto!
Primeiro bailando, cantando e comendo castañas coas familias.


E, despois, participando por equipos nos xogos populares.



Moitas grazas a todas as familias pola vosa participación!

14/11/2018

OKUPACIÓN ESCORNABÓTICA: DANIELA

Estes días o escornabot estivo na casa de Daniela quen disfrutou moito co contido da mochila e elaborou, coa axuda da súa nai, unha plantilla de árbores autóctonas dos montes galegos cunhas trampas de vermes polas que non se pode pasar.


Na clase, Daniela explicounos o modo de xogo e pasamos un rato moi entretido xogando con esta plantilla.


Moitas grazas familia!

13/11/2018

SNOW

CHEGOU O FRÍO E, COMO NON, FÍXOO TAMÉN NA CLASE DE INGLÉS.

CÓNTANOS KATRINA QUE DURANTE ESTA SEMANA DA SÚA BOLSA MÁXICA SAIU UN CONTO TITULADO “SNOW” DE SAM USHER QUE APROVEITARON PARA TRABALLAR AS PRENDAS DE VESTIR MÁIS QUENTIÑAS (HAT, SCARF, MITTENS, SHOES) ADEMAIS DOUTRO VOCABULARIO ENMARCADO DENTRO DAS RUTINAS DIARIAS (WASH, DRESS, PUT ON, TAKE OFF) E O TEMPO ATMOSFÉRICO (HOT, COLD).



AS NENAS E NENOS XOGARON A VESTIR E DESVESTIR A MONKEY, QUEN PASOU MOITO FRÍO ESTES DÍAS, E DISFRAZÁRONSE SEGUINDO AS ORDES EN INGLÉS DAS SÚAS COMPAÑEIRAS E COMPAÑEIROS.





TAMÉN ESCOITARON E REPRESENTARON A CANCIÓN “I’M A LITTLE SNOWMAN”, E XOGARON CO ESCORNABOT CUNHA NOVA PLANTILLA BASEADA NO VOCABULARIO A TRABALLAR.


ABRACADABRA, ABRACADI
MAGIC FOR YOU AND MAGIC FOR ME!!

12/11/2018

INVESTIGACIÓN: RAPOSO

Como xa vos adiantamos hai uns días, estamos recompilando información sobre os raposos que habitan nos montes galegos e para deixala rexistrada elaboramos un panel cos datos máis relevantes.
Neste mural distribuimos a información en 5 epígrafes diferentes: 
- Como é? 
- Que come?
- Onde vive? 
- As crías 
- Hábitos


Para traballar algúns destes aspectos como son: o peso e a medida, empregamos unha báscula coa que comparamos o noso peso co dos raposos e un metro para marcar a medida destes animais e comparala coa nosa.


07/11/2018

OKUPACIÓN ESCORNABÓTICA: ERIK

O primeiro afortunado en levar para casa a mochila do escornabot foi Erik. 


Ademais de rexistrar na libreta a súa experiencia, ler os contos, ver a peli e xogar co escorna, fixo unha plantilla chulísima.
Como o tema do proxecto é #somosdemonte Erik, coa axuda da súa familia, elaborou unha plantilla de insectos do monte coa que podemos xogar de dúas maneiras diferentes: tirando o dado e levando o escornabot ata a casilla co insecto correspondente ou sacando unha carta da baralla e comprobando o número e a palabra que aparecen nela para despois conducir ao escorna ata o bichiño.


Moitísimas grazas pola vosa implicación familia!


06/11/2018

INICIAMOS NOVEMBRO: MES DA CIENCIA

Onte, con motivo do inicio do Mes da Ciencia, tivo lugar na biblioBN un encontro moi especial.
Clicade na imaxe para saber máis.

http://bibliobn.blogspot.com/2018/11/mes-da-ciencia-en-galego-encontro-con.html

Tinytap: O monstro orquestra


Neste xogo do Tinytap podemos descubrir os instrumentos da canción "Monstro Orquestra" e como soan. Ademais ao final veredes os monstros musicais que construiu o alumnado do centro na semana do Samain


Chuvisca

 SORPRESA NA AULA: UNHA HISTORIA, ESCOITADA A ESCURAS.... Chuvisca from biblio BN on Vimeo . E AO ENCENDER A LUZ... VOLVEU O PETO!