"¡A dibujar!" de Hervé Tullet é unha nova adquisición da biblioBN e esta semana estivemos empregándoa na aula.
O xogo consiste en colocar as cartas en tres montóns: as de puntiños (que nos indican o que temos que debuxar: cadrados, ondas, árbores...), as de liñas (que nos din como debemos facelo: na parte de arriba, grande, á dereita...) e as plantillas de cores.
Cada nena/o tiña que levantar unha carta de puntiños e outra de liñas para saber que debuxar e como; e, a continuación, tiraban o dado para ver que cor lles tocara e, así coller a plantilla desa cor e empregala no seu debuxo.
Unha vez feito isto, pasamos a debuxalo todo no papel empregando pinceis e as tres cores favoritas de Hervé Tullet (azul, vermello e amarelo).
Foi todo un éxito e saíron unhas creacións chulísimas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario