18/02/2018

UN XOGO MONSTRUOSO

A semana pasada volvimos a ter noticias de Truco, a nosa mascota, quen nos trouxo un xogo novo para seguir traballando a lóxica matemática na aula. Concretamente, este xogo empregarémolo para aprender a recta numérica e para asociar a grafía de cada número coa cantidade correspondente. 
O primeiro paso consiste en ordenar os monstruos desde o 0 ata o 10 (cada monstruo ten un número que vai en función da cantidade de ollos que ten), unha vez que temos feita a nosa recta numérica monstruosa, pasamos a colocar debaixo tantos paus de cores como indique o número.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Mundo mariño e as quenllas

 Durante todo o trimestre adentrámonos no fondo do mar levando a cabo diversas propostas onde traballamos linguaxes, lóxica matemática e lec...