03/05/2018

FEIRÓN DA NOSA LINGUA

Durante todo o mes de maio levaremos a cabo esta actividade que hoxe deu comezo e que consiste en mercar unha palabra galega cada día. 
A palabra do día de hoxe foi: "Cataventos" na honra do libro de María Victoria Moreno (escritora homenaxeada nas Letras Galegas 2018).




Para coñecer un pouco mellor o significado desta palabra, saímos ao patio co noso cataventos e un compás tecnolóxico (APP do Ipad). Primeiro, observámolo atentamente e descubrimos que ten 4 letras (N, S, E, O) que nos indican os catro puntos cardinais.


Despois, co compás, comprobamos onde se sitúa o norte e colocamos o cataventos correctamente para poder saber de onde vén o vento.


Máis tarde, na aula, completamos entre todos a folla correspondente á palabra do día de hoxe para engadir no noso Dicionario de palabras galegas.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Patrulla en accion

  Patrulla composteira: Patrulla que alimenta aos vermes de seda: