Aí van algunhas das actividades que realizamos ao longo desta semana.
-A MALETA:
Compartimos cos nosos compañeiros/as un obxecto significativo que trouxemos da casa e explicamos o porque desta elección. Tivemos bolsos, coches, animais... pero, sobre todo, bonecos que están con nós desde que somos bebés.
Esta actividade serviunos para sentirnos protagonistas e coñecernos todos un pouquiño mellor.
-APRENDEMOS XOGANDO:
A nosa mascota Truco deixounos unha sorpresa esta semana, un xogo novo co que poder divertirnos ao mesmo tempo que aprendemos cousiñas. Consiste en observar o patrón de cores que temos na plantilla e reproducilo na parte de abaixo coas boliñas de cores, traballando así a atención, a orientación espacial, as cores...
Encantounos!
-PLANTAMOS:
Co profe Pablo plantamos narcisos, iris e tulipáns no noso horto.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Investigamos as BOLBORETAS
As nosas eirugas de SEDA e MACAÓN seguen a medrar, pero queremos saber máis sobre as BOLBORETAS!!! Atopamos fondos na BiblioBn e buscamos ...
-
Hoxe no barrio azul tivemos un novo aniversario, esta vez tocoulle a Claudia celebrar que xa ten 3 aniños. Moitas felicidades!
-
Tras a formación en Disciplina Positiva levada a cabo polas mestras do centro, estamos levando a cabo unha serie de dinámicas para traballa...
-
O noso recuncho artístico está cheo de obras con figuras xeométricas. Yayoi Kusama, é unha enamorada dos círculos así que estamos a traball...





No hay comentarios:
Publicar un comentario