05/11/2017

MANUALIDADES DE SAMAÍN

Estes días estivemos moi atarefados preparando dúas manualidades terroríficas: unhas pantasmas con papel de xornal e unhas teas de araña.
Para facer as pantasmas no xornal, practicamos antes facendo os debuxos no encerado dixital. Saíronnos pantasmas de todas as formas e tamaños.
 E para as arañas, pintamos de laranxa un prato de cartón, despois estampamos as nosas mans coa cor negra e xa só nos quedaba pintarlles dous ollos e pasar o cordel polos buratiños.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

ÁMBITO DE ARTE E LETRAS , 2º TRIMESTRE

  Segundo trimestre no ámbito de arte e letras Experimentamos coas misturas de cores do PANTONE do inverno e facemos unha nova colección, cr...