07/03/2020

HORA DO EXPERIMENTO

Esta semana fixemos un novo experimento: "o ovo saltarín". A lenda contábanos que se un ovo durmía dous días nun tarro con vinagre, este ovo transformábase nun ovo máxico saltarín. E... así foi 👍
Podedes facer este experimento nas vosas casas, soamente tedes que meter un ovo fresco nun tarro con tapa cheo de vinagre de vino e esperar 48h. Trascurrido ese tempo a cáscara do ovo desfaise, o vinagre penetra no ovo e este crea unha película elástica que fai que o ovo rebote se o tiramos dende pouca altura, como podedes ver no vídeo cando o deixamos caer dende unha altura máis alta o ovo rompe xa que no seu interior segue sendo líquido.

Ovo saltarín from biblio BN on Vimeo.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

XOGOS CON AUGA

 HOXE TIVEMOS O PATIO PARA NÓS SOLIÑOS! ASÍ QUE APROVEITÁMOLO AO MÁXIMO: -Lavamos e tendimos roupa, -Duchamos aos bebés. -Cociñamos con &quo...