Despedimos o outono con esta actividade de grafomotricidade creativa na que empregamos follas reais e cores outonales.
22/12/2019
20/12/2019
FELICES FESTAS
Os nenos e nenas da aula azul deseamosvos boas festas de Nadal con estos disfraces de exipcios.
A Volta de vacación mais e mellor.
A Volta de vacación mais e mellor.
19/12/2019
EXIPTO #infofamilias
Hoxe Rai trouxo nova información sobre EXIPTO. Neste caso investigou sobre a arquitectura e os animais característicos.
Moitas grazas polo traballo familia!
Moitas grazas polo traballo familia!
18/12/2019
TALLER PAPIROS EXIPCIOS
Bo día !
Esta semana estivemos a facer un taller de papiros exipcios, os papeis que empregaban os exipcios e exipcias para escribir e debuxar.
Taller papiros from biblio BN on Vimeo.
17/12/2019
TALLER DE COLARES E BRAZALETES EXIPCIOS
Onte estivemos a facer un taller de colares e brazaletes exipcios, aproveitando a información que nos trouxera Alexis o día anterior.
En primeiro lugar buscamos en Internet diferentes xoias comúns do Antigo Exipto, para recoller as principais ideas para a súa elaboración. E, despois, xa nos puxemos mans a obra, elaboramos un colar e un brazalete para cada neno, con total libertade creativa, utilizando distintos materiais de refugallo, sendo conscientes da importancia de coidar o medio ambiente, e de reutilizar os obxetos da vida cotiá.
Espero que desfrutedes co vídeo
Taller colares e brazaletes from biblio BN on Vimeo.
Experimento volcán
A semana pasada tivemos unha actividade intercentros co cole Emilia Pardo Bazán, na cal fixemos unha videollamada para intercambiar experimentos científicos entre os nenos e nenas de ambos colexios.
Os nenos e nenas de 2º EP, do outro cole, nos ensinaron un experimento chamado "o volcán", e nos, os nenos e nenas da aula azul, lles ensinamos un experimento chamado "pódese ver a música"? o cal xa fora presentado na biblioteca por Lara e Jacob uns días atrás.
Podedes velo aquí:
Peche mes da ciencia: Ver a música from biblio BN on Vimeo.
Aproveitando a motivación dos nenos e nenas co experimento que nos ensinaron os do outro cole, probamos a facelo na nosa aula, coa axuda da profe Lara, e coa aportación dalgúns ingredientes que se foron traendo a aula. No seguinte video podedes ver os grandes científicos que son os vosos cativos.
Experimento volcán from biblio BN on Vimeo.

Alexis trouxonos nova información sobre o proxecto #mesturarte de Exipto.
Por un lado, trouxonos xoias propias de exipto: os brazaletes e os colares decorados con moitas pedras e abalorios.
E, tamén elaborou unha carpeta cos medios de transporte mais característicos dos exipcios: os barcos, góndolas e os camellos. Ademáis, imprimiu as carátulas das películas para nenos e nenas máis destacadas relacionadas co mundo exipcio, entre as cales encóntranse as de Asterix e Obelix.
Con toda esta información imos a crear as nosas propias xoias pra disfrazarnos coma os exipcios, e imos ver un anaquiño dalgunha destas películas.
Moitísimas grazas polo traballo na casa, familia !
O noso recuncho de exipto xa está tomando forma, vos animo a que sigades traendo información para que poidamos traballar novas cousas desta cultura tan interesante.
16/12/2019
NADAL DE REFUGALLO
Este ano, seguindo a línea de voz natura 💚, a EEI Barrionovo súmase a acción polo cuidado do medio ambiente con esta árbore de Nadal feita con materiais de refugallo.
13/12/2019
ARTE LUZ NEGRA
Mirade a actividade mais bonita que fixemos na clase de TIC esta semana. Utilizamos a luz negra e pintura especial para iluminar a nosa artistada.
Foi xenial !
12/12/2019
ATELIER CREATIVO DE COSTURA
11/12/2019
EXIPTO #INFOFAMILIAS
Temos cousiñas novas que ensinarvos de Exipto.
Valeria e Sofía trouxeron ó cole información sobre o noso proxecto #mesturarte, relacionado sobre a vida e cultura dos exipcios.
Valeria aportou estas fantásticas e antigas postais de Exipto, que trouxo seu pai cando foi de neno. Nelas puidemos observar as diferentes personaxes máis coñecidas do Antigo Exipto, como o Deus Ra, Anubis, Isis, a tumba e o sarcófago de Tutankamon... e ademáis todas as pinturas que facían nas paredes, a súa vestimenta, arquitectura, tumbas... encantáronnos 😀
Sofía, por outra parte, trouxo información sobre a alimentación dos exipcios, como podedes ver na imaxe a dieta dos exipcios non é tan diferente da nosa, moitos alimentos forman parte da comida tradicional galega.

Despois da exposición da cada unha delas, os nenos e as nenas preguntaron as dúbidas que tiñan e comentaron aquelas cousas que máis lles chamaron a atención, amosando moito interese polas novas aportacións.
10/12/2019
ESCORNABOTS SOFIA, CLAUDIA E RAI
BO DÍA !
Hoxe trouxo Rai o Escornabot, cunha plantilla moi interesante sobre os animais máis típicos de Exipto: o cocodrilo, o falcón, o burro, a serpe,... aproveitamos para xogar con él antes de baixar o patio, e aprender sobre a fauna exipcia.
A seguinte plantilla que podedes ver é a de Claudia, que fai unhas semanas deleitounos con vivendas de diferentes lugares, traballando así diferentes culturas en base a súa arquitectura, e tamén a lóxica-matemática cas súas instruccións.
E por último, quérovos ensinar a plantilla de Sofía, na cal traballaron as bandeiras de diferentes países do mundo con tarxetas identificativas, o pasamos de medo xogando e esquivando os tornados co escornabot !
Moitas grazas pola imaxinación e dedicación familias !
EXIPTO 3D
04/12/2019
SAÍDA BELAS ARTES !
Hoxe tivemos unha saída ó museo de Belas Artes da Coruña. Podedes ver a entrada premendo aquí.
02/12/2019
01/12/2019
ENCONTXOS
Esta seman tivemos moitas actividades especiais, por un lado visitounos a profe Irene para lernos o conto "Baby pop"; na encurta do venres vimos o vídeo que fixemos sobre o 25N, contra a violencia de xénero; e, ademáis, o profe Jacob e Lara presentáronnos un experimento "pódese ver o son?" para pechar o mes da ciencia. Tendes todos os enlaces abaixo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
Mundo mariño e as quenllas
Durante todo o trimestre adentrámonos no fondo do mar levando a cabo diversas propostas onde traballamos linguaxes, lóxica matemática e lec...

-
Durante todo o trimestre adentrámonos no fondo do mar levando a cabo diversas propostas onde traballamos linguaxes, lóxica matemática e lec...
-
Así comezamos a dinámica dos XOVES. Elexindo a aula (ambiente preparado relacionado a unha área ou proposta de aprendizaxe) na que aprender...
-
Bo día familias, dende o cole Barrionovo as mestras imos subir propostas aos blogs durante estos días sen escola para que teñades unhas sem...