22/12/2019

GRAFOMOTRICIDADE CREATIVA

Despedimos o outono con esta actividade de grafomotricidade creativa na que empregamos follas reais e cores outonales.


20/12/2019

FELICES FESTAS

Os nenos e nenas da aula azul deseamosvos boas festas de Nadal con estos disfraces de exipcios.
 A Volta de vacación mais e mellor.




19/12/2019

EXIPTO #infofamilias

Hoxe Rai trouxo  nova información sobre EXIPTO. Neste  caso investigou  sobre a arquitectura e os  animais característicos.


Moitas  grazas polo traballo familia!


18/12/2019

TALLER PAPIROS EXIPCIOS

Bo día ! Esta semana estivemos a facer un taller de papiros exipcios, os papeis que empregaban os exipcios e exipcias para escribir e debuxar.

Taller papiros from biblio BN on Vimeo.

17/12/2019

TALLER DE COLARES E BRAZALETES EXIPCIOS

Onte estivemos a facer un taller de colares e brazaletes exipcios, aproveitando a información que nos trouxera Alexis o día anterior. En primeiro lugar buscamos en Internet diferentes xoias comúns do Antigo Exipto, para recoller as principais ideas para a súa elaboración. E, despois, xa nos puxemos mans a obra, elaboramos un colar e un brazalete para cada neno, con total libertade creativa, utilizando distintos materiais de refugallo, sendo conscientes da importancia de coidar o medio ambiente, e de reutilizar os obxetos da vida cotiá. Espero que desfrutedes co vídeo

Taller colares e brazaletes from biblio BN on Vimeo.

Experimento volcán

A semana pasada tivemos unha actividade intercentros co cole Emilia Pardo Bazán, na cal fixemos unha videollamada para intercambiar experimentos científicos entre os nenos e nenas de ambos colexios. Os nenos e nenas de 2º EP, do outro cole, nos ensinaron un experimento chamado "o volcán", e nos, os nenos e nenas da aula azul, lles ensinamos un experimento chamado "pódese ver a música"? o cal xa fora presentado na biblioteca por Lara e Jacob uns días atrás. Podedes velo aquí:
Peche mes da ciencia: Ver a música from biblio BN on Vimeo.
Aproveitando a motivación dos nenos e nenas co experimento que nos ensinaron os do outro cole, probamos a facelo na nosa aula, coa axuda da profe Lara, e coa aportación dalgúns ingredientes que se foron traendo a aula. No seguinte video podedes ver os grandes científicos que son os vosos cativos.
Experimento volcán from biblio BN on Vimeo.

EXIPTO #infofamilias

Alexis trouxonos nova información sobre o proxecto #mesturarte de Exipto.
Por un lado, trouxonos xoias propias de exipto: os brazaletes e os colares decorados con moitas pedras e abalorios. 
E, tamén elaborou unha carpeta cos medios de transporte mais característicos dos exipcios: os barcos, góndolas e os camellos. Ademáis, imprimiu as carátulas das películas para nenos e nenas máis destacadas relacionadas co mundo exipcio, entre as cales encóntranse as de Asterix e Obelix. 
Con toda esta información imos a crear as nosas propias xoias pra disfrazarnos coma os exipcios, e imos ver un anaquiño dalgunha destas películas. 

Moitísimas grazas polo traballo na casa, familia ! 


O noso recuncho de exipto xa está tomando forma, vos animo a que sigades traendo información para que poidamos traballar novas cousas desta cultura tan interesante.


Investigamos as BOLBORETAS

 As nosas eirugas de SEDA e MACAÓN seguen a medrar, pero queremos saber máis sobre as BOLBORETAS!!! Atopamos fondos na BiblioBn e  buscamos ...