11/12/2019

EXIPTO #INFOFAMILIAS

Temos cousiñas novas que ensinarvos de Exipto.

Valeria e Sofía trouxeron ó cole información sobre o noso proxecto #mesturarte, relacionado sobre a vida e cultura dos exipcios.

Valeria aportou estas fantásticas e antigas postais de Exipto, que trouxo seu pai cando foi de neno. Nelas puidemos observar as diferentes personaxes máis coñecidas do Antigo Exipto, como o Deus Ra, Anubis, Isis, a tumba e o sarcófago de Tutankamon...  e ademáis todas as pinturas que facían nas paredes, a súa vestimenta, arquitectura, tumbas... encantáronnos 😀



Sofía, por outra parte, trouxo información sobre a alimentación dos exipcios, como podedes ver na imaxe a dieta dos exipcios non é tan diferente da nosa, moitos alimentos forman parte da comida tradicional galega.


Despois da exposición da cada unha delas, os nenos e as nenas preguntaron as dúbidas que tiñan e comentaron aquelas cousas que máis lles chamaron a atención, amosando moito interese polas novas aportacións. 



10/12/2019

ESCORNABOTS SOFIA, CLAUDIA E RAI

BO DÍA ! 

Hoxe trouxo Rai o Escornabot, cunha plantilla moi interesante sobre os animais máis típicos de Exipto: o cocodrilo, o falcón, o burro, a serpe,... aproveitamos para xogar con él antes de baixar o patio, e aprender sobre a fauna exipcia. 







A seguinte plantilla que podedes ver é a de Claudia, que fai unhas semanas deleitounos con vivendas de diferentes lugares, traballando así diferentes culturas en base a súa arquitectura, e tamén a lóxica-matemática cas súas instruccións. 




E por último, quérovos ensinar a  plantilla de Sofía, na cal traballaron as bandeiras de diferentes países do mundo con tarxetas identificativas, o pasamos de medo xogando e esquivando os tornados co escornabot !




Moitas grazas pola imaxinación e dedicación familias !

EXIPTO 3D

Os nenos e nenas da aula, estiveron traballando ca profe Lara os xeroglíficos e as personaxes máis destacadas de Exipto (noso proxecto) ca impresora 3D, mirade que "mini mundo" mais bonito estanos a quedar👇






 

U-la-Lúa

Onte a compañía "A Xanela de Maxín" deleitounos coa teatralización do conto U-la Lúa, un conto por e pola igualdade.

Podedes ver a actividade premendo aquí. 

01/12/2019

ENCONTXOS

Esta seman tivemos moitas actividades especiais, por un lado visitounos a profe Irene para lernos o conto "Baby pop"; na encurta do venres vimos o vídeo que fixemos sobre o 25N, contra a violencia de xénero; e, ademáis, o profe Jacob e Lara presentáronnos un experimento "pódese ver o son?" para pechar o mes da ciencia. Tendes todos os enlaces abaixo.






Investigamos as BOLBORETAS

 As nosas eirugas de SEDA e MACAÓN seguen a medrar, pero queremos saber máis sobre as BOLBORETAS!!! Atopamos fondos na BiblioBn e  buscamos ...