31/10/2020
Semana de Samaín
28/10/2020
Música para Samaín
Na sesión de música desta semana un carro cheo de instrumentos chegou a aula, e nel un Libro-cd:
Descubrimos sons de distintos instrumentos e bailamos a canción Monstro Orquestra:
27/10/2020
A lenda do peregrino
O luns tivemos unha chamada desde a BiblioBn para presentar a semana de SAMAÍN. Clica na imaxe se queres saber máis.
E se visitades Santiago e atopades ao peregrino, inmortalizade o momento. QUEREMOS VELO!
26/10/2020
Día das bibliotecas
23/10/2020
Préstamo semanal
21/10/2020
Día das escritoras
O luns conmemoramos o día das escritoras. Visita de o blog da biblioBn para ver cómo foi (clicade na imaxe)
Grafo creativa
Practicamos a grafomotricidade dun xeito creativo
-Trazos horizontais, facendo camiños con cores do outono (marrón e amarelo) e usando pinceis.
- Trazos circulares, rodeando a cabaza de moitas cores.
-Punteados e trazos horizontais: decorando as nosas mans.
Reto 2: Chega información da casa
Xa averiguamos moitas das cousas que necesita un peregrino/a para facer o camiño. Estade atentos...
Ademais aproveitamos a sesión TIC desta semana para xogar coas fotos facendo un STOP MOTION!
Reto 2: que precisamos from biblio BN on V
18/10/2020
Hotel de bechos
O Encargado do día
Asamblea. Bo día from biblio BN on Vimeo.
15/10/2020
09/10/2020
Esquema corporal
Unha das tarefas que fai cada día o encargado e debuxarse así mesmo, sendo consciente das partes do seu corpo.
Ademais tamén ten que "escribir" o seu nome e o seu número da aula...Os nosos primeiros encargados xa fixeron candanseu retrato. Mirade que artistas temos na aula!
Investigar para aprender
Xa dispostos a resolver o reto e tras mirar a pista, moitos xa coñecían a famosa torre:
-"É a torre de Hércules"
Pero como ninguén soubo dicir onde se atopaba, ao día seguiente apareceu un mapa na clase.
-"Hay mar", dixeron ao desplegalo e entón buscamos a Torre de Hercules en internet e efectivamente, estaba rodeada de mar.
-"Esta aquí" e Danngeli sinalou no mapa unhas pequena torres. Pero había tantas que non puidemos saber cal era.
Entón Aylén trouxo información á aula, e xusto enriba da imaxe da Torre de Hércules tiñamos a solución...
Agora esperaremos á seguinte chamada das peregrinas para comprobalo
Comezamos a traballar no horto
Aínda que sempre na hora do patio poden traballar no noso horto/xardín, os venres temos un ratiño especial para adicarlle con máis calma.
Hoxe mentres os equipos traballaban, de pouquiños en pouquiños disfrutamos deste xogo de mesa ao aire libre, onde o protagonista Gabriel, quere prantar na súa horta froitos e flores.
08/10/2020
Comeza #camiñanteSihaicamiño
O luns recibimos unha videochamada desde a biblioBn onde no propuxeron un reto moi importante!
Se queredes ver o que alí pasou premede na seguinte imaxe!
03/10/2020
O outono chegou.
A longo desta semana estivemos a traballar na aula aspectos característicos do outono. Na biblio tiñamos unha proposta de actividade para facer arte coas follas, e agora na aula temos tamén un recuncho para poder compoñer con diferentes elementos. Botade un ollo...
RODA DA CALMA OU DA PAZ
Comezamos unha dinámica na aula para xestionar os momentos de enfado e rabia. Sendo conscientes e anticipando a reacción do seu corpo e bus...
-
Hoxe no barrio azul celebramos o cumple de Sofía, que xa entrou no clube dos 3 aniños. Degustamos uns biscoitos con forma de osiños feitos ...
-
Esta semana fixemos un novo experimento: "o ovo saltarín". A lenda contábanos que se un ovo durmía dous días nun tarro con vinag...






















